O pasado sábado día 16 constituiuse en Santiago a Asociación FIARE GZ, tras o período de traballo no que un grupo de asociacións (entre elas ESF Galicia) difundeu e promoveu esta iniciativa de banca ética en Galicia, de cara a conseguer os apoios sociais e económicos necesarios para poñer efectivamente en marcha a Asociación FIARE GZ. Esta difusión e promoción non remata aquí, pero será esta asociación recentemente constituida a que lidere de aquí en adiante o proceso.
Presentouse nunha rolda de prensa na Galería Sargadelos ás 12:45, e xa pola tarde no colexio La Salle fíxose unha xornada de coñecemento do proxecto FIARE, presentada por Peru Sasía e Jordi Mari, onde os asistentes poideron solucionar as súas dúbidas.
Foi sen dúbida unha xornada intensa onde, ademais doutras moitas asociacións, membros de ESF Galicia poideron coñecer aínda máis profundamente o funcionamento e expectativas do proxecto FIARE, de cara ao debate que o grupo de Economía Responsable promove no seo de ESF para definir a participación ou non de ESF Galicia como membro da Asociación FIARE GZ, con aporte económico para a futura constitución da cooperativa de crédito (forma xurídica que terá o Banco FIARE), ou se seguirá como até o de agora, só promovendo e difundindo estas iniciativas como parte do proceso transformador da sociedade, pero sen "ser donos" de FIARE (onde poden aportar capital social de constitución tanto persoas físicas como xurídicas).
No hay comentarios:
Publicar un comentario