25 ene. 2010

Volvemos a Lugo (en realidade nunca marcháramos)

Despois dun período de baixón, o pasado venres 22 de xaneiro volveu haber reunión de ESF en Lugo, no local que a Escola Politécnica nos cede xa dende hai anos, para planificar as actividades na sede do 2010 e volver á acción. Hai un grupiño de persoas con ganas de facer cousas, aos que apoiaremos dende o resto das sedes no que sexa necesario. Deuse a casualidade de que se xuntaron alí PCR de Nicaragua de tres xeneracións, dende o primer PCR en Nicaragua de ESF Galicia, ate o último, cun intermedio que fixo un interesante Proxecto Fin de Carreira sobre biodixestores, ademais de xente que nunca participara antes con ESF e ven con moitas ganas.
Moita sorte na nova andaina, compañeiros!!!!

No hay comentarios: