9 feb 2010

RESUMO BLOGUEIRO MENSUAL: XANEIRO 2010

CONTIDOS

-Blog Corporativo
-Blog Nicaragua
-Blog Honduras
-Outros blog en activo de ESF Galicia
-Outros blogs ISFeros
-Outros enlaces de interese
-Novas publicacións en papel
-E no próximo mes ...
-A ESFrase do mes

BLOG CORPORATIVO

En xaneiro unha nova importante é que, tras o período de traballo no que un grupo de asociacións, entre elas ESF Galicia, difundiu e promoveu a iniciativa de banca ética en Galicia, constituiuse xa en Santiago a Asociación FIARE GZ, á que ESF aínda non pertence (o que está sendo obxeto de debate na asociación).

Ademáis comezou tamén en A Coruña a exposición de entidades de acción voluntaria, exposición na que ESF Galicia participa, e que irase celebrando en diferentes lugares da cidade ata o próximo mes de Xuño. Comezaron tamén as reunións de ESF en Lugo, sen dúbida o primeiro paso para poder planificar as actividades da sede no 2010 e volver así á acción.

E en Santiago, concretamente na Praza Roxa, tivo lugar o XI Foro de ONG no cual concentraronse ao redor de 22 ONG do ámbito compostelán. ESF Galicia instalou alí un posto de información no cal déronse a coñecer os seus proxectos e abríronse as portas para colaboracións tanto a outras ONG como a novas persoas voluntarias.

Aproveitando a chegada a España da nosa expatriada en Centroamérica, Mireia ofreceu unha charla para dar a coñecer a realidade hondureña e os proxectos de ESF Galicia no país. Pero houbo máis charlas... ESF Galicia participou no colexio Peleteiro en Santiago nun ciclo de conferencias dirixidas a rapaces de secundaria, que teñen como eixo central as tecnoloxías. Concretamente ESF Galicia falou sobre a tecnoloxía como ferramenta para o desenvolvemento humano, a ponte tecnolóxica e a fenda dixital, e o software libre

Ademáis, este mes podemos encontrar unha interesante entrada que resume algunhas das ideas que Andrés Maneiro expuxo xa no 2008 sobre cómo comunicar usando ferramentas dixitales de tal forma que se promova o discurso crítico e se deixe de ser un mero multiplicador de mensajes. E falando de comunicación... outra entrada sobre a revista de ESF Galicia, O Estarivel, na que se explica o que é, as diferentes tarefas que son necesarias desenvolver para facer posible a súa existencia e, sobre todo, a súa problemática actual: a escasez de xente para sacalo adiante,  apetécevos apoialo?.

E por último, e non menos importante, unha entrada sobre os cursos 2010 de ISF a distancia e outra sobre o traspaso da secretaría de ESF que estos últimos anos estaba en máns de Angeles García, da sede de Ferrol, a Sabela Pan, da sede de Coruña.




BLOG NICARAGUA

Neste blog poderemos encontrar unha entrada que nos lembra a importancia de difundir e sistematizar a experiencia dos programas internacionales, e que nos indica tamén algúns actos nos que ESF Galicia participou para dar a coñecer o que está acontecendo no ámbito dos seus programas internacionais no eido do Desenvolvemento Agropecuario.



BLOG HONDURAS


O blog de Honduras continua a mostrar os resumos das novas sobre a situación política do país tras as eleccións. Así, este mes encontramos dúas entradas: o resumo correspondente a novas de Decembro e o resumo das novas do propio mes de Xaneiro.



OUTROS BLOGS EN ACTIVO DE ESF GALICIA

- Enerxías, estos meses estiveron máis parados, pero seguen organizando a campaña Apaga o Candil, iniciando un Proxecto Fin de Carreira no Sahara, e quen sabe se algunha cousa máis...
- Proxectos de El Salvador , co final dos proxectos de ESF Galicia nese país xa vai usándose menos, pero seguimos co vencello a ese país que tanto nos aportou.
- Asignatura de Cooperación da UDC, con comentarios sobre as clases e material que empregan nelas. Se buscades referencias bibliográficas, películas, etc. este é o voso lugar. Tralas vacacións de Navidade, dispostos a iniciar o novo curso (a asignatura é do segundo cuatrimestre, e sempre podedes asistir de oíntes...).



OUTROS BLOGS ISFEROS


- proxectos en Sahara. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por membros de Galicia, Aragón, Asturias, Castilla-León, etc.
- ISF Telecos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Telecomunicaciones de Madrid.
- ISF Aero, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería Aeronáunica de Madrid.
- ISF Caminos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Caminos de Madrid.
- Grupo universitario de Ciudad Real, de ISF ApD. Blog do grupo universitario de Ciudad REal.
- ESF Catalunya. Blog corporativo dos compañeiros de ESF Catalunya.
- ISF Andalucía en Perú
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias en Angola
- ISF Asturias, sección xuvenil.
- Twitter de ISF Asturias.
- Twitter de ISF ApD



OUTROS ENLACES DE INTERESE

Perder la calle, ganar el discurso. MUNDO
Tecnologías más verdes. TECNOLOXÍAS PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO
Un nuevo estudio muestra riesgos para la salud de transgénicos cultivados y consumidos en España. DESENVOLVEMENTO AGROPECUARIO
Campaña contra a pesca da UE no territorio saharaui ocupado. SAHARA OCCIDENTAL
Los 'Lobbies' manipulan el Parlamento Europeo en beneficio de las multinacionales. MUNDO
Como elegir un master de cooperación en España. FORMACIÓN
Los localistas y ¿Comida local o importada? Depende. DESENVOLVEMENTO AGROPECUARIO.
Viñeta. Energía Gas Natural. ENERXÍAS
Calendario de acción para la presidencia europea española 2010 en relación con la cultura libre. INCIDENCIA
Loongson, ¿el CPU del pueblo? TECNOLOXÍAS PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO

DESTACADO: Constituido FIARE GZ. ECONOMÍA RESPONSABLE


El desarrollo como un reloj
. FILOSOFÍA DA COOPERACIÓN
EEUU dedida el 25% de su cereal a alimentar coches. ENERXÍA
Red de Economía Alternativa y Solidaria Galicia. ECONOMÍA RESPONSABLE
Entrevista a Eduardo Sánchez - Presidente de la Coordinadora de ONG para el Desarrollo España. Terremoto en Haití. MUNDO
Vídeo. Flow, por amor al agua. AGUA
Piensa bien y acertarás. RELACIÓNS HUMANAS
Vídeo. Comando actualidad ¿Qué hay detrás del precio del tomate? DESENVOLVEMENTO AGROPECUARIO
No más números 900. MOVILIZACIÓN CIDADÁ


 

NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO (se vos interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podedes solicitalas para préstamo).

-Proyectos Fin de Carrera en cooperación para el desarrollo. Actas de las Jornadas. Madrid, 10 y 11 de Junio 2008. INGENIERÍA SIN FRONTERAS ApD.
-Cooperación para el desarrollo en el aula. Con CD. Casos aplicados de tecnología para el desarrollo humano. SERGIO OLIETE OSA, AGUSTÍ PÉREZ FOGUET. INGENIERÍA SIN FRONTERAS
- Vídeo: Nizao, República Dominicana. Sobre proyectos de ISF Sevilla en este país.
- Vídeo: Futuro vivo. ISF Sevilla.
- Vídeo: Jatun K'ocha, el después. Vídeo de ESF Catalunya sobre la problemática de acceso al agua en Bolivia.
-¿Te apuntas a la eficiencia? Guía práctica de Eficiencia Energética. Schneider Electric.
-Tenda privada de comercio xusto. Guía BIC de actividade empresarial. Xunta de Galicia.
- Infórmate A FONDO. Boletín do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Nov-Dec 2009. 111
- Derecho al agua en África Subsahariana. Los casos de Sudáfrica, Kenia y Ghana. 2009. Editado por ISF ApD y Prosalus.



E NO PRÓXIMO MES ...


Durante todo o mes, en Coruña (1-13 en Espacio Coruña e  15-25 Dolce Vita): exposición de Asociacións de Acción Voluntaria, onde tamén figura Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.

2 de febreiro: Día dos Humedais
12 de Febreiro (pendente de confirmar):Primeira reunión da Comisión de Accións no Norte de ESF Galicia trala súa constitución
14 de febreiro: Día da Enerxía
15 de febreiro: se pecha o plazo para apuntarse aos cursos de ISF online
20 de febreiro: Día Mundial da Xustiza Social

21 de Febreiro (pendente de confirmar): Reunión de Comisión PCR de ESF Galicia
27 Encontro Solidario Palexco en Coruña, onde ESF tamén estará.
27 de febreiro: Aniversario da Proclamacion da República Arabe Saharaui Democrática
(haberá stands de ESF de denuncia da situación nos campamentos en diversos lugares)

Finais de Febreiro (por confirmar): Primeira reunión do Grupo de comunicación de ESF Galicia




A ESF-RASE DO MES

"O agricultor ve como unha cousa perigosa o consello daquel que non ten que gañar a vida por medio do resultado daquel consello".
John Kenneth Galbraith.

No hay comentarios: