2 feb 2010

Unha nova comisión: A ComFor



(Angeles, Patricia, Paco) (Sabela, Patricia, Angeles)


Pois xa van case 15 días desde que se celebrou a última reunión do grupo de voluntariado e entre os temas tratados por fin! se constituiu a Comisión de Formación, A ComFor, integrada polo vogal de voluntariado e os responsables de sede ou en quen estos deleguen. Así inicialmente estuvo composta por Paco (sede Vigo), Angeles (sede Ferrol), Sabela (sede Coruña), Patricia (sede Compostela).
As súas funcións de forma resumida serán a planificación, execución e avaliación de toda a formación que se desenvolva en ESF Galicia, que estará recollida anualmente nun Plan de Formación.

Polo tanto a súa primeira tarefa foi o deseño dun primeiro borrador do Plan de Formación 2010 en base as peticións de formación que fixeron os distintos grupos nas fichas de planificación en Novembro. Así que vos vai unha proposta de calendario de Formación, por suposto, agradécense os comentarios/suxerencias! Así que opinade deixando un comentario no blogue ou mandando un correo a voluntariado@galicia.isf.esGrupo Voluntariado Galicia

No hay comentarios: