30 mar 2010

“1º Xuntanza de Coordinadores da Sede Compostelana”

O pasado mércores 24 de marzo levouse a cabo a 1º xuntanza de Coordinadores da Sede de Compostela nunha cea que tivo lugar no piso da recente Coordinadora de Sede (en Compostela) Helena Eijo.

A idea foi da mesma Helena que decidiu reunirnos a todos como pais de familia nunha cea familiar para poñernos ao día entre os grupos e a ela mesma, pois estivera ausente un tempo antes de coller o cargo.

Así, cada coordinador de grupo estaba alí presente en representación do mesmo:











Por orde de esquerda a dereita:
-Coordinadora de Sede: Helena Eijo.
-GSI e Grupo Comunicación: Andrés Estévez.
-Grupo Agro: Víctor Penas
-Economía Responsable: Ana Noya
-Voluntariado: Chelo Revilla
-GAT: Natalia Abel.
-Educación para o Desenvolvemento: José Ríos.
-Sensibilización: María Vázquez.

Unha vez que todos estabamos alí e tras un intento fallido de matar ó anterior coordinador, a “coordi” xa nos tiña a mesa preparada e dispuxemonos a disfrutar do delicioso manxar que ela mesma preparara (agás a empanada…je) non así cos temas de interese, pois primeiro estivemos a falar un pouco das nosas vidas, dos irmáns, de a que colexo fomos e a cal no, e por suposto todos sabemos cal era o mellor…vamos, temas típicos para ir quentando!



Coa chegada da deliciosa lasaña comezamos a expoñer as nosas actividades. Comezou Víctor co grupo Agro, os temas de Nicaragua e Honduras, así como a nova idea de entrada en África (Guinea Bissau). E fomos seguindo o turno de intervención no sentido das agullas do reloxo.

Pouco a pouco, bocado a bocado, entre temas serios e risas, chegamos ao postre e os turnos ian chegando ao seu fin, así como as agullas se ian acercando á 1 da madrugada…


Unha vez que todos comentaramos os nosos temas, decidimos concluir a reunión, pois o sono ia cegando a nós e ao día seguinte era laborable. Así que axudamos a recoller a mesa e deixamos a acolledora casa de Helena.

Moitas gracias pola cea Helena!!
Estamos seguros de que serás unha estupenda Coordinadora, nós cumpliremos a nosa parte á hora de comunicarnos como acordamos (cada coordinador comunicarase coa “Coordi” antes de cada reunión de sede e os temas que teñamos que tratar cada grupo independentemente tratarase directamente con ela para así non saturar a lista de Compos, tamén os grupos traballarán temas de discusión, acordos e debates internos de cada un entre eles sen enviar á xeral de compos).

Un “urra” por Helena!!

8 comentarios:

Andrés Estévez dijo...

que conste que o feito de que saia unha foto miña cun coitelo xusto debaixo do paragrafo onde María di que intentaron matar ao anterior coordi é mera coincidencia :D

Sergio dijo...

Grrrrrrrrrrrrrrr, vaia Lasaña!!!! Moi bo traballo, da gusto vervos tan motivados! E moi boa idea a do resumo!!
Por certo, e para que flúa a comunicación interna, agora que cada coordinador conte na próxima reunión do seu grupo o que falástedes. Hai vida máis aló do teu grupo!!!!

maría dijo...

foi pura coincidencia...
sorprenderiadesvos de quen é o presunto asasino...jajjajaja

Patricia Iglesias dijo...

que orjullosa estou desta agora gran sede!

maría dijo...

patri, tomacheste algo raro ou pasouche algo que queiras contarnos...????

Andrés Estévez dijo...

isto patri, algo que contar??

Patricia Iglesias dijo...

eh??? de qué estades falando??? mima! que me iba pasar?? jajaja

maría dijo...

debe ser eso da nova Patri...non sei, non acostumamos oir que nos deas boas palabras tans eguidamente...eso é raro...jajajaja
;)