3 mar 2010

Resumo blogueiro mensual: febreiro 2010

CONTIDOS


-Blog Corporativo

-Blog Nicaragua

-Blog Honduras

-Blog asignatura de cooperación da UDC

-Outros blog en activo de ESF Galicia

-Outros blogs ISFeros

-Outros enlaces de interese

-Novas publicacións en papel

-E no próximo mes ...

-A ESFrase do mes

BLOG CORPORATIVO

Este mes destaca a creación da Comisión de Formación (ComFor) que ten como funcións a planificación, execución e avaliación de toda a formación que se desenvolva en ESF Galicia, que estará recollida anualmente nun Plan de Formación.
Tamén destacar que o grupo de sensibilización de Compostela comezou xa cos stands na USC, tanto no campus de Santiago de Compostela como no campus de Lugo, para dar a coñecer o tema Sáhara mais tamén as actividades doutros grupos ESFeros.
Ademais unha entrada que nos mostra unha foto da Xunta Directiva celebrada o pasado 31 de xaneiro e que nos lembra que na próxima xuntanza quedarán disponibles a presidencia e vicepresidencia, polo que é o momento de que todos aqueles socios que queiran aspirar a ocupar algún deses cargos o comuniquen.
E por último unha entrada moi interesante que menciona as reunións como ferramentas de traballo clave en ESF, e que nos lembra a importancia das ordes do día, dos moderadores/as, e das actas nas reunións presenciais. E falando de reunións, a entrada tamén menciona tres reunións que tiveron lugar nos días 19, 21 e 26 de febreiro: a Comisión de Accións no Norte de ESF Galicia, a Comisión do Programa de Coñecemento da Realidade de ESF Galicia, e a Comisión de Incidencia da Coordinadora Galega de ONGD.



BLOG NICARAGUA

Neste mes non houbo actividade no blog nica, aínda que si vos podemos comentar que continúa o traballo na fase II do programa co noso socio local FIDER e a presencia dun voluntario ESFeiro no terreo, Xavi, que ademais se está a coordinar cos compañeiros de ISF ApD para a organización dun Foro de intercambio de experiencias sobre Plans de Manexo de Fincas que implique a todos os actores da zona norte do país que usan esta ferramenta.



BLOG HONDURAS


En febreiro en Honduras é importante destacar o traballo do CartoLab, que fixo a entrega definitiva da aplicación SIX que facilita o manexo de toda a información relacionada co Plan de Xestión Integral do Recurso Hídrico (PXIRH). Péchase así a fase I do proxecto, coa cual o persoal técnico de Save The Children Honduras e a Alcaldía de Marcovia poderán procesar nun SIX a información levantada nas comunidades de San Francisco de Coray e Marcovia.
Ademais en Honduras se están a facer as capacitacións sobre o uso básico de SIX e o manexo da aplicación específica que o Cartolab creou para o Programa FONSAGUA, a cargo de Nacho, membro do CartoLab, que regresará en breve a Galicia.
Paralelamente ao peche da fase I, estase a traballar na definición dos requisitos da fase II deste proxecto de IpD (investigación para o desenvolvemento) financiado pola UDC e a Xunta, que ten como obxetivo conseguir unha ferramienta en XIS que permita xenerar alternativas de abastecimiento ás comunidades.
Ademais, unha entrada fálanos da charla sobre Honduras que a nosa expatriada Mireia deu o pasado 13 de xaneiro na Escola de Camiños; charla na que se expuxeron datos xerais de Honduras, a problemática nas zonas nas que traballamos (Marcovia e San Francisco de Coray, no Golfo de Fonseca, ao sur do país), así como os proxectos que ESF está a executar no país.



BLOG ASIGNATURA DE COOPERACIÓN DA UDC

Neste mes volve a ter actividade o blog da asignatura, co inicio da mesma no segundo cuadrimestre. Pódese ver o programa e bibliografía a usar no curso, material e enlaces, así como referencias as distintas sesións que tiveron lugar en febreiro, con cuña radiofónica incluída. Lembrade que a entrada ás sesións é libre por se vos interesa algunha das charlas (impártese na Escola de Camiños, campus de Elviña, A Coruña, os martes de 18 a 21).



OUTROS BLOGS EN ACTIVO DE ESF GALICIA

- Enerxías, estos meses estiveron máis parados, pero seguen organizando a campaña Apaga o Candil, iniciando un Proxecto Fin de Carreira no Sahara, e coa organización dunhas xornadas para despois do verán en Vigo.
- Proxectos de El Salvador , co final dos proxectos de ESF Galicia nese país xa vai usándose menos, pero seguimos co vencello a ese país que tanto nos aportou.



OUTROS BLOGS ISFEROS


- proxectos en Sahara. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por membros de Galicia, Aragón, Asturias, Castilla-León, etc.
- ISF Telecos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Telecomunicaciones de Madrid.
- ISF Aero, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería Aeronáunica de Madrid.
- ISF Caminos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Caminos de Madrid.
- Grupo universitario de Ciudad Real, de ISF ApD. Blog do grupo universitario de Ciudad REal.
- ESF Catalunya. Blog corporativo dos compañeiros de ESF Catalunya.
- ISF Andalucía en Perú
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias en Angola
- ISF Asturias, sección xuvenil.
- Twitter de ISF Asturias.
- Twitter de ISF ApD



OUTROS ENLACES DE INTERESE

Vídeo. El ultimatum evolutivo. ECONOMÍA RESPONSABLE
Campos de prueba de transgénicos (también en Galicia). DESENVOLVEMENTO RURAL
Vídeo. Contrapublicidad. Endesa, para los hijos de tus hijos. ENERXÍAS
Libro de permacultura online. ECONOMÍA RESPONSABLE. DESENVOLVEMENTO RURAL
Os materiais do IX Simposio da Renda Básica. ECONOMÍA RESPONSABLE.
Vídeo. Tortura es evolución Mustapha El Hor Vicecónsul de Marruecos. SAHARA
Proxecto Amorodo. Agricultura sostible. INICIATIVAS, DESENVOLVEMENTO RURAL
Vídeo. Nuestros hijos nos acusarán. DESENVOLVEMENTO RURAL
SABES? Breve Guía de Comercio Justo y Consumo Responsable. ECONOMÍA RESPONSABLE.
Vídeo (en inglés). Reflexión terceiro mundo:eles e nosoutros?. MUNDO
Afrigadget (en inglés). TECNOLOXÍA PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO
Cursos Fundación Luis Vives. FORMACIÓN


 
NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO (se vos interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podedes solicitalas para préstamo).

Nós no mundo': Proposta de axenda para a acción exterior do país. IGADI.
Un novo atlas mundial para 2010. IGADI
Plan Estratéxico 2009-2011. Coordinadora Galega de ONGD.
Pacto Galego contra a Pobreza. Coordinadora Galega de ONGD
Borrador do II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013. Xunta de Galicia.
Borrador do Plan Anual da Cooperación Galega 2010. Xunta de Galicia.
Alegacións ao II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013. ESF Galicia


E NO PRÓXIMO MES ...

TODO O MES: campaña de Marzo Mes da Auga organizada polo grupo de sensibilización da sede de A Coruña

TODO O MES: inicio da campaña de sensibilización sobre o estado dos refuxiados saharauis a cargo do grupo de sensibilización da sede de Santiago

3 de marzal: formación interna de ESF na sede de Santiago sobre Economía Responsable e FIARE. Escola Técnica Superior de Enxeñería. Campus Sur. 20:00

5 de marzal: Día Mundial da Eficiencia Energética

5-6 de marzal: Asemblea Federal de Ingeniería Sin Fronteras. Madrid
11 de marzal: formación interna de ESF na sede de Coruña sobre Economía Responsable e FIARE. Escola de Camiños. Campus de Elviña. 19:00
13-14 de marzal: Xuntanza (Asemblea Xeral de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia). Santiago de Compostela.
    * Sábado mañá: formación en temas de economía responsable.
    * Sábado tarde: formación en temas de comunicación no terceiro sector
    * Domingo: Asemblea Xeral de socios.
21 de marzal: Día Forestal Mundial
22 de marzal: Día Mundial da Auga
29 de marzal: A Hora da Terra



A ESF-RASE DO MES

“...pensamos demasiado e sentimos moi pouco. Máis que máquinas, necesitamos humanidade...”
Charles Chaplin en O Gran Dictador

No hay comentarios: