6 may 2010

Jaima 2010, día 2: a expedición coruñesa e reunión de sede

Segundo día de Jaima!!

Ademáis é o día central, porque está no medio, e porque vai completo dende o inicio ata o fin. Explícome, non hai que "montar" nada concreto nin ir buscar nada que xa non estivera alí perdendo horas da mañá, e tampouco hai un motivo polo que recoller antes. De feito, neste día, a Jaima non tiña hora de peche!

Á primeira hora da mañá chegamos Chelo e eu (María) para recolocar todo e cambiar o ticket da O.R.A., algo importante...Unha vez colocado todo, había xente que iba e viña, non mareas humanas, pero sí que se acercaban a nós, e como di o delegado saharaui, "eso xa é un logro, ainda que solo sexan 5 persoas, xa son 5 persoas máis que están sensibilizadas. E 5 hoxe, 5 mañá..."

Ó longo do día pasaron moitas cousas que nos fixeron sentir moi ben. Polo tanto, moitas cousas que contarvos!

Unha delas foi que despois duns meses traballando con nós na distancia, Álvaro (o corresponsal de sensi compos en Vigo) voltou a estas terras para compartir con nós a experiencia da "Jaima II". Quedaría con nós o mércores e parte do xoves.

Quedamos a comer todos na Jaima, moi contentos polo que chegaría despois da comida, e non era o postre...

Tratábase do primeiro grupo da expedición Coruñesa á Jaima:

Quedamos supercontentos de que un grupo tan numeroso se animase a coller o tren e presentarse en Santiago para ver a nosa actividade. Explicámoslles un pouco como ía todo e puxémonos a facer té! probar as vestimentas saharauis...


xogar á oca e parchís saharauis...


E o tempo pasou voando, tiñan que volver coller o tren para retornar á súa terra, pero non sen deixar pegada da súa estadía no noso "libro de visitas" .



Tras a súa marcha a jaima quedou cun sentimento de vacío, pero pronto recuperamos as nosas enerxías, achegabase a hora dos contacontos, a actividade de horario fixo que estaba marcada para o día de hoxe.






Ademáis, chegou a segunda parte da expedición coruñesa...Sabela!


Ó rematar a Tropa de Trapo de emocionarnos, fomos baixando as portas da Jaima para quedar nela a sede de Compostela, que hoxe levaría a cabo alí, a súa reunión de sede onde ademáis tería lugar a presentación de AGARESO para colaborar mutuamente con ESF e a formación interna, neste caso a cargo do grupo de sensi pois o tema era Sáhara.

A formación en Sáhara consistiu nun xogo que o grupo de sensi preparara, o "Quiz Sáhara", unhas preguntas que os asistentes debían contestar divididos en 2 grupos. Un deles era o formado por: Cris Zolle, Álvaro, Andrés e Roberto Roget (novo PCR). O outro grupo era o de: Patri Iglesias, Adela, Ríos e Sergio. As preguntas lanzábaas a coordi de sensi e cada grupo debía lanzarse a polo pulsador, unha das garrafas baleiras de auga que había da balanza que tiñamos na Jaima, unha vez que soubesen a resposta. Se fallaban, había rebote para o grupo contrario.

O grupo gañador: o de Adela, Patri, Ríos e Sergio, que recibirá o premio na seguinte reunión de sede.


Como podedes comprobar, a luz era escasa, pero a candea de Xacobe deu para moito!
Desa reunión sairon ideas como o punto sorpresa ao final da mesma: irnos de acampada a Ons!!Toda ESF Galicia!!Así que apuntádevos no doodle que, Helena Eijo, Coordinadora de Sede, enviou!

Xa vedes, un segundo día de Jaima, no proxecto "Jaima II" moi completo, para que logo digan das segundas partes...jeje

Para rematar, si no día de onte acabei cunha frase surxida despois dun "abrazo sensibilizador" nas portas da jaima, para este día fagoo coa contestación que a nosa marabillosa Sabela lle dixo ó noso estupendo Pepe, dunha punta á outra da Jaima cando se viron e el lle preguntou a Sabela que facía alí en vez de estar na reunión de PCR...

"Yo ya avisé de que no iba a la reunión, que tenía Jaima!"

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Gran entrada, como siempre!! Y esta vez con las etiquetas correctas y todo jeje. Lo mejor, sin duda la expedición de Sabela y su afirmación aplastante... no sé cuál ganará si esa, o la de "La Jaima es guay". Desde luego, creo que ese fue el día más animado y menos extresante de la Jaima... los cuentacuentos fueron increibles! Non me soltar, non me soltar! xDDD

Andrés Estévez dijo...

qué bien rodeado sale Roi en las fotos, no?

Sabela dijo...

Mola la entrada con tantas fotos!! Y sí, los cuentacuentos fueron geniales, mereció la pena saltarse una reunión, jejejeje

maría dijo...

jejeje
alégrame que vos guste a entrada!!
Andrés, recorda que en algún momento vou ter unha raqueta na man e lanzarei pelotas!

a pesar de darche a brasa con que te metas en sensi, estiven retomando a idea de meterme eu en comunicación!

maría dijo...

por certo, comparto a idea de Chelo de que foi o día máis animado e menos estresante!!!
e gracias a todos polos comentarios no libro de visitas, non só aos da Coruña, senón a todos os de sede!
;)

Andrés Estévez dijo...

eeeeeeeeeeeeee... e agora que fixen eu?? o meu comentario era por envexa, eso si, sana :D