11 jun 2010

12 de Xuño, Día Mundial contra o Traballo Infantil




Maña, 12 de Xuño é un deses días que non debía existir no calendario, é o día mundial contra o Traballo Infantil.
En todo o mundo, e en franca violación dos dereitos da infancia, centos de miles de nenas e nenos realizan traballos que os privan da educación, a saúde, o tempo de lecer e as liberdades elementais. Destes nenos, máis da metade están expostos ás peores formas de traballo infantil, como o traballo realizado en contornas perigosas, a escravitude ou outras formas de traballo forzoso, actividades ilícitas como o tráfico de estupefacientes e a prostitución, así como a participación en conflitos armados. A Organización Internacional do Traballo (OIT) institueu o primeiro Día mundial contra o traballo infantil en 2002 como forma de pór de relevo a gravísima situación deses nenos.

Na ETSE colocamos estas viñetas "sensibilizadoras"para que nos deamos conta do afortunados que somos, a pesar de ser época de éxamenes, moita xente non ten a sorte de poder estar encerrados na biblioteca a estudar...

1 comentario:

maría dijo...

moi boas!!!
;)
bo traballo!