8 sept. 2010

Curso de Verán. Auga, cooperación e medioambiente

A charla de ESF sobre "Enfoque medioambiental na xestión da auga os programas internacionais de cooperación ao desenvolvemento" se desenvolveu sen novidade hoxe ante unhas 30 persoas dentro do curso de verán da USC e Mans Unidas "Contra a fame, defende a terra". 



Foron 35 minutos da nosa charla, e posteriormente unha mesa redonda cos poñentes de todo o día coa Conferencia de Copenhague como tema central, aínda que se falou de moitas máis cousas (destacando a participación da sociedade civil como elemento transformador e de incidencia política, e o tratar de compatibilizar os enfoques comunitarios ou de movementos de base cos máis institucionais a nivel estatal ou global).

Na nosa charla contamos un conto sobre certo pobo onde chegaron uns motores para aproveitar a escasa auga do río na época seca e como o que para os habitantes dese pobo foi un avance (podían regar) converteuse nun problema para os pobos de augas abaixo... Despois falamos de dúas ferramentas que se empregan en ESF para introducir o enfoque medioambiental na xestión do recurso hídrico:
- Os Plans de Xestión Integral do Recurso Hídrico
- Os Plans de Manexo de Finca

Xa na mesa redonda, dende a postura das ONGD, recalcamos que respecto ao cambio climático temos especial preocupación neste eido tanto pola falta de propostas e referencias para a adaptación ao cambio climático das poboacións máis vulnerables (algo que mencionara tamén o profesor Díaz Fierros dende un punto de vista científico) e específicamente no enfoque dos programas de desenvolvemento. Esta publicación de Greenpeace e a Coordinadora Estatal de ONGD, ou algunha de INTERMON son das poucas que hai en castelán sobre o tema. O outro tema sobre o que chamamos a atención e mostramos a nosa preocupación foi sobre os mecanismos concretos que se están empregando para a reducción das emisións en cumprimento do protocolo de Kioto, en especial sobre os Créditos de Carbono e os Mecanismos de Desenvolvemento Limpo, que se están a usar por moitas empresas e países do norte para manter as emisións sustituíndoos por presuntos programas de fixación de carbono sobre todo en países empobrecidos (e por enriba vendéndoos como "axuda ao desenvolvemento"). Hai unha publicación moi recomendable sobre o tema cunha segunda parte, de INTERMON en colaboración coa UPM.

No hay comentarios: