A ONG para o desenvolvemento Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) organizará unha serie de conferencias informativas coas que pretende presentarse, dar a coñecer e achegar a todo o público en xeral, as actividades e proxectos que está levando a cabo, así como facer un chamamento á participación de posibles novos voluntarios.
Estes eventos desenvolveranse:
· Día: Xoves, 30 de setembro de 2010
· Hora: 20:00h
· Lugar: Fundación Caixa Galicia. Cantón Grande, 21 – 24. A Coruña.
Escoitar Anuncio - Presentación ESF - Caixa Galicia
· Día: Luns, 4 de outubro de 2010
· Hora: 12:30h
· Lugar: Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canáis e Portos da Universidade da Coruña. Campus de Elviña, s/n. A Coruña.
Escoitar Anuncio - Presentación ESF - ETSECCP UCD
Asemade, levaranse a cabo máis conferencias de presentación, nas cidades de Santiago, Ferrol, Lugo e Vigo; eventos que anunciaremos próximamente.
ESF Galicia é unha ONGD que busca contribuír á construción dunha sociedade mundial xusta e solidaria poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano. Pero sobre todo ESF é unha asociación de persoas, con pensamentos e sentimentos distintos, que traballan xuntos aportando as súas opinións e coñecementos.
ESF Galicia está presente en distintas cidades galegas (A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo e Vigo). Nestas sedes, as persoas voluntarias adoitan dividirse en diferentes grupos de traballo, sendo os principais: Sensibilización, Voluntariado, Educación para o Desenvolvemento, Proxectos ou Programas de Cooperación Internacional, Tesourería, Sistemas Informáticos... Pero ademáis, como sede, realízanse actividades de concienciación social, sensibilización, difusión e educación, é dicir: cursos, exposicións, charlas, publicacións… coas que se pretende que dar a coñecer e informar á xente do que está a acontecer no mundo, e que a miúdo non é accesible a través das canles de comunicación habituais.
Estas conferencias de presentación están abertas a todas aquelas persoas interesadas na Cooperación para o Desenvolvemento, así como voluntarios, responsables de programas e proxectos de cooperación, organizacións non-gobernamentais, medios de comunicación, etc…
Para máis informacións, os interesados poden contactar con:
· Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.
Campus de Elviña, s/n.
981 16 70 00 Ext.: 1479
info@galicia.isf.es
http://www.galicia.isf.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario