Esa era a pregunta que nos faciamos as 9 persoas que nos xuntamos o pasado martes 26 a partir das 20:15 na facultade de económicas (en realidade, a partir das 20:30, tras superar un pequeno problema técnico).
Ana deunos unhas pautas e datos sobre a coñecida como "Banca Ética", e máis en concreto sobre unha das iniciativas deste tipo que non hai moito que estase a implantar en Galicia: FIARE.
A continuación se pode ver un vídeo cortiño realizado por ATTAC sobre a banca ética.
Para coñecer máis sobre FIARE podedes visitar a súa web, e tamén o blog da Asociación FIARE Galiza, ou preguntarnos directamente a ESF Galicia (estamos dentro desa asociación promovendo a captación do fondo social necesario para poder constituir a Cooperativa de Crédito que será FIARE, aínda que xa podedes solicitar préstamos ou facer depósitos en FIARE, porque actúa como axente da Banca Popolare Etica de Italia, no entanto non se remata a captación de capital social para constituirse como prestador de servizos bancarios propios).
E por qué ESF traballa neste eido da banca ética? Sergio contou que consideramos que a banca pode ser unha tecnoloxía para o desenvolvemento humano sempre e cando cumpla unha serie de requisitos (a banca, como comentan na web de FIARE, non é neutral, igual que a tecnoloxía). E a banca ética tal como a entende FIARE non nos parece simplemente outra opción bancaria, senón que pretende ser unha iniciativa transformadora das relacións económicas e da sociedade, xa que é tamén transformadora (polo seu vencello ao terreo e a súa vocación de "banca en mans da cidadanía" onde a participación dos socios é real, podendo decidir entre tod@s o camiño, a dirección do banco, tendo voz e voto, escollendo e podendo ser escollidos para traballar no día a día). Isto fai que a consideremos Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, o que foi debatido xa hai un tempo polo grupo de Economía Responsable de ESF e aberto ao resto da asociación ESF Galicia.
E rematamos a xornada cun vídeo que mostra como entre todos se logran grandes cousas (mesmo un "banco nas mans da cidadanía") e comentando dúbidas dos presentes sobre o funcionamento de FIARE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario