13 oct. 2010

CAMIÑO POLO PACTO GALEGO, CRÓNICA DO CAMIÑO

De momento dende ESF participamos só nas dúas primeiras etapas, esperamos poder estar nalgunha máis. Aquí podedes ver o que vai pasando no camiño, pero a continuación vai unha crónica algo máis persoal.

O primeiro día estivemos en Sarria. Houbo que facer as actividades na Casa da Cultura en vez de ao aire libre (cousas do clima...). Os políticos locais leron o manifesto, e fíxose un obradoiro de Obxetivos do Desenvolvemento do Milenio 1 e 2 cos alumnos do instituto. 

 O obradoiro

O cartaz que fixeron os alumnos que nos tocou moderar

E xa no camiño, etapa Sarria-Portomarín, 22,4 Km, posiblemente a máis fermosa do camiño (ou iso din os que xa o fixeron)

Os compañeiros de AGARESO dando seguemento ao camiño. Nos contarán o día a día do camiño nun blogue creado por eles para a ocasión

O lema é 100 Km x 1 Pacto = Pobreza 0, pero en realidade serán 111 Km. Aquí estamos no Km 100, cos panos laranxa que nos identificaban como Camiñantes Polo Pacto.

 Polo camiño, as costas arriba ao final eran o mellor para os pes (aínda que non o creades). Aquí o camiño ben empedrado.


 As corredoiras do camiño



O segundo día, en Portomarín, ao ser festivo non se puido facer actividade cos rapaces, pero a alcaldesa leu o manifesto e se recolleron sinaturas a favor do 0,7



 Presentando o acto


E a partida, cruzando a ponte sobre o Miño, (a Igrexa de Portomarín foi trasladada pedra a pedra dende o seu lugar orixinal cando o Encoro de Portomarín anegou parte da poboación)

No camiño, un dos "totems" con pertenzas dos peregrinos, dos que aparecen cada certo tempo no camiño, e onde deixamos un dos panos laranxas

 Ademais de que os albergues pechan as 22:00 e as luces encéndese as 6:00 (en moitos casos automáticamente, o que impide durmir aos que, coma nos, camiñábamos pola tarde), en demasiadas fontes no camiño aparecía este cartel. En cambio, si que vimos varios lugares con máquinas expendedoras de botellas de auga. Penso que xa vedes por onde vou...

E o camiño continúa aínda até o sábado. Esperamos estar nalgunha etapa máis e contárvolo. ANIMÁDEVOS A VIR POLO MENOS AO ACTO DA FIRMA, SÁBADO AS 11:30 EN SANTIAGO, NO SALÓN NOBLE DA UNIVERSIDADE (en Fonseca).

No hay comentarios: