21 sept 2010

ESF Galicia en Radio Voz

O pasado 21 de setembro de 2010 ESF Galicia foi convidada a participar no programa "Voces de Galicia" que a emisora Radio Voz realizou en directo dende a Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña. Así pois, os voluntarios: Lorena Rodríguez, Iván Lago e Roi Carballido foron os encargados de falar un pouco de ESF Galicia.
Ao principio da conversa foi necesario aclarar que en "Enxeñería Sen Fronteiras" non son só enxeñeiros, se non que forman parte da asociación xente de campos moi diversos, dende o xornalismo ou a psicoloxía, por exemplo; ata chegar á propia enxeñería.


Lorena Rodríguez, encargouse de comentar a súa experiencia como PCR en Nicaragua, comentou entre outras cousas que participou nun obradoiro de tartamento de lixo, Iván Lago, fixo referencia á parte que máis domina, a da xestión dos equipos informáticos, incidindo en temas como o acceso á liberdade da información e a súa repercusión nos países do Sur e por último, Roi Carballido, falou sobre o campo da Educación para o Desenvolvemento facendo especial fincapé na asignatura de Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento que se imparte na Universidade da Coruña e na que ESF Galicia participa activamente na súa xestión e coordinación.

Está claro que quedaron moitas cousas por dicir pero xa se sabe que o tempo nos medios de comunicación está moi medido, ademáis había que ceñirse ás preguntas concretas do entrevistador, sen embargo, os participantes consideramos moi positiva a experiencia de falar sobre ESF Galicia nos medios de comunicación e animamos a todos os voluntarios en xeral a que cando xurda unha ocasión similar, calquera voluntario se anime a participar para que non sempre sexa os mesmos os que falen en nome da asociación.

Aquí podedes escoitar a conversa:



Aproveito para recordarvos que podedes escoirar todas as entrevistas a membros de ESF Galicia e demáis audios interesantes recopilados na páxina de ESF Radio.

Por último, agradecer tanto a Radio Voz como aos membros da Universidade da Coruña encargados de xestionar a realización do programa na Escola de Camiños, por ter en conta a ESF Galicia e darnos esta oportunidade.

No hay comentarios: