6 oct 2010

Conferencias Informativas para presentar ESF na Coruña

Estes días veñen de celebrarse na Coruña as primeiras conferencias informativas coas que ESF Galicia estase a presentar, para dar a coñecer e achegar a todo o público en xeral as actividades e proxectos que está a desenvolver, así como para facer un chamamento á participación de posibles novos voluntarios.

A primeira delas, tivo lugar o xoves 30 de setembro de 2010 na Fundación Caixa Galicia da Coruña, foi presentada por Carmen Molejón e Noela Mouriño, a ela acudiu unha gran representación de menbros de ESF (incluso doutras sedes) así como público en xeral.


A segunda cita tivo lugar o luns 4 de outubro de 2010 na Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña, foi presentada por Carmen Molejón e Roi Carballido, e contou coa participación de numerosos alumnos así como tamén membros de ESF que contaron as súas experiencias como voluntarios desta asociación.

Os métodos de difusión empregados, permitiron que numerosos alumnos se achegaran chamados polas suxerentes invitacións que foron deixadas nas distintas aulas da Escola de Camiños. Pero tamén contamos coa colaboración de medios de comunicación como El Ideal Gallego e La Opinión de A Coruña que contribuiron a difundir ambos eventos a través das súas páxinas.












Os próximos días, terán lugar máis charlas de presentación noutras cidades galegas como Santiago, Ferrol, Lugo e Vigo.

As conferencias tiveron como fío conductor o concepto de ser voluntario, e foise dando resposta a preguntas tales como: "Por qué unha persoa é voluntaria?", "Que significa ser voluntario?", "Para que ser voluntario?" ou mesmo "Como e onde se pode ser voluntario?", etc..

Ademáis comentouse que ESF Galicia está formada por xente moi diversa pero que todos os seus membros permancen unidos porque son conscientes de que cada vez existe máis desigüaldade no sistema mundial actual e sinten disconformidade, inquedanza e preocupacións ante esta situación; ademáis buscan outro tipo de información que normalmente non se proporciona nos medios de comunicación habituais nin se preocupan en darnos no sistema de educación convencial.

Ante todo isto pódese adoptar unha actitude pasiva ou activa, como dicía William George Ward: "O pesimista queixase do vento, o optimista espera que cambie e o realista axusta as velas". Así pois, un voluntario sería aquel que actúa dunha forma realista, activa ou proactiva; convertendo a "vontade" nunha forza motiz máis poderosa que calquera outra (o vapor, a electricidade ou mesmo a enerxía atómica).

Un voluntario é en definitiva, aquela persoa que, no seo dunha organización, leva a cabo accións e actividades líbremente e dun xeito desinteresado, sen percibir ningunha prestación económica a cambio. Pero ademáis, o voluntario debe comportarse como cidadán de pleno dereito e polo tanto ser responsable do que pasa ao teu arredor, actuando con coherencia.
Estes e outros temas foron tratados nestas conferencias informativas, todos os interesados en contactar con ESF Galicia, poden facelo a través das seguintes referencias:

· Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.
Campus de Elviña, s/n. A Coruña.

981 16 70 00 Ext.: 1479
info@galicia.isf.es
http://www.galicia.isf.es

1 comentario:

Sergio dijo...

moi importante o tema de aprendizaxe e coherencia no voluntariado. Se se persegue a transformación social (mellorar o mundo) a acción exemplarizante é importante