18 oct 2010

Habilidades comunicativas: impresións post - formación

Pois seguindo o guión establecido en toda actividade, tras a formación interna levada a cabo, toca facer avaliación... aínda que non será de todo completa, pois non se poderá ver se tivo realmente efecto ata que, na práctica, os voluntarios ESFeiros se poñan diante da audiencia e dean a súa correspondente charla.
A finais do curso pasado xa dei este tipo de presentación ainda que o lugar foi o campo da ETSE e agora impartín a charla no local de alumnos. A parte de que agora engadín o tema da atención como algo específico, desta vez tiven o apoio dunha presentación en Power Point que serviu de exemplo para mencionar que se deben preparar previamente as charlas e ter determinados trucos para non perderse mentras se ofrece.

Deixo aquí a presentación que me serviu de apoio. É un pequeno guión, pois non se debe levar nas presentacións toda a información, senón que nos debe servir simplemente de apoio para guiar a charla e ser un método para non perdernos.
Despois mostro algunhas notas acerca da mesma que con velo na diapositiva non se entende...

Habilidades comunicativas


En canto ó tema da atención pode verse unha pequena entrada no meu blog personal:

O dos interrogantes no exemplo é porque lle pedín aos asistentes que me deran exemplos dentro de ESF, así que vós mesmos podedes pensar en exeplos e poñelo nos comentarios. Gustosamente os lerei e comentarei!
O dos Procesos en 'U' fai referencia a que debemos ter coidadocon que nuns casos poden atendernos ao principio e final mentras que no momento central da charla 'pasan' de nós e viceversa, que non fagan caso ó principio e final e si nos temas centrais, ainda que se dará maiormente o 1º caso polos chamados efectos de Primacía e Recencia (recordar máis o que se di ó principio e ó final).

Cando un comeza debe presentarse e comunicar o tema/idea central da súa charla, e facer que a xente se identifique con el, porque si se logra o contacto (mirar aos ollos á xente, p.ex.)lograrase maior interés e atención, un certo compromiso.

Na diapositiva de 'Tempo' non aparece nada porque simplemente fixen a pregunta "Canto tempo credes que levamos de presentación?" para comentar as diferentes perspectivas que se teñen á hora de dar unha charla si es o que a da ou o que a recibe.

Como poderedes ver, na última diapositiva fago mención a unha entrada que Sabela deixou neste blog (http://esfgalicia.blogspot.com/2010/03/por-que-veces-no-me-entienden-cuando-yo.html) Realmente está moi ben e recomendo que se lea!


Para rematar deixo a opinión dos asistentes: Helenita, Adela, Ali, Alba, Roberto e Patri (gracias por asistir) e algunhas fotos.

"pois eu creo que debería ser unha charla que todo voluntario debería recibir, obrigatoriamente! sobretodo se pensa algún día comunicar e dar unha charla, que visto lo visto tócalle a calquera jeje porque adquires conceptos básicos de cara a comunicación, tanto interpersonal como cómo debes transmitir da asociación.
ademais houbo sempre uns valiosos truquiños que están moi moi ben!"

"Resulta unha formación útil porque, aínda que todo é bastante de sentido común, é destas cousas que é necesario organizar, programar e telas en conta porque son facilmente olvidables. Ademais, cada charla é un mundo e seguramente nos atopemos con reaccións diversas que deberiamos intentar prever o máis posible"






Ábrese o tempo de rogos e preguntas!!

4 comentarios:

maría dijo...

si non se ven as fotos é cousa do blog...

Sergio dijo...

Moi boa formación, certo que debería ser necesaria para todos!!!

maría dijo...

Roberto:
"...a partir de agora, asistencia obrigatoria :D para todo PCR ou persoa que vaia dar charlas ou presentacións"

Sabela dijo...

Qué interesante! Lo usaré para charlas post-PCR :)
Estaría guay subir la presentación al slideshare de ESF