10 nov 2010

Onde podo atopar información sobre o que acontece no Sáhara?

Onde podo atopar máis información
sobre o que acontece no Sáhara Occidental?


Animámoste a que visites, entre outros, os seguintes espazos...

Lugares onde poderás poñerte en situación sobre o conflito


http://www.lefrig.org/ Centro de documentación e museo daresistencia do pobo saharauí e a solidariedade internacional.
Recomendamos para comezar o apartado “Síntesis histórica”◦ Busca en Wikipedia “Sahara Occidental” e atoparaste cun breve resumo sobre todo o que precisas saber da historia do conflito
◦ Tes a man os teus libros de historia do bacharelato? Canto espacio lle
adican ao tema? E menos mal que Sáhara foi colonia...

• Páxinas ou blogs para estar ao día do conflito na actualidade

http://www.saharaindependiente.org/ Páxina web da Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara. Esta páxina pode ser o punto de partida para comezar a informarte xa que nela atoparás links a outras organizacións do teu entorno máis próximo e estarás aotanto de todas as movilizacións de apoio á causa saharauí
http://www.saharalibre.es/ Recompilación de novas
http://www.saharatoday.net/ Actualizacións diarias de novas
http://poemariosaharalibre.blogspot.com/ Actualizacións diarias
http://mujeresaharauis.blogspot.com/ e http://www.arso.org/UNFSHomepage.htm As mulleres do Sáhara tamén queren ser escoitadas
http://territoriosocupadosminutoaminuto.blogspot.com/ minuto a minuto dos campamentos
 
• Vídeos

http://www.todosconelsahara.com/video3.asp Eduardo Galeano e “os
muros”. Moi recomendable!
http://www.youtube.com/ Proba a buscar “sahara occidental” e
poderás ver unha gran cantidade de material para informarte sobre o
Sáhara dunha forma máis visual

• Plataformas e campañas de apoio. Que podo facer?

http://www.todosconelsahara.com/ Plataforma de actores e artistas.
Manifesto para entregar ao presidente do goberno de España.Campaña de recollida de firmas

http://www.wsrw.org/ Moi bo lugar como guía de recursos sobre o Sáhara Occidental (novas e información histórica). Investigan e informan sobre compañías que lexitiman a ocupación marroquí en Sáhara. As verbas Tratado de pesca ou Estatuto avanzado dinche algo? Descúbreo nesta páxina e adhírete aos seus manifestos
http://35diasderuido.wordpress.com/ Acampada en Madrid. Iniciativa
de colexios maiores. Multitude de actividades
http://www.columna2010.org/ Descobre a realidade dos campamentos de refuxiados
http://www.festivalsahara.com/ Festival de cine no Sáhara
http://todosconaminetu.blogspot.com/ Naceu coa folga de fame de Aminetu e agora publica información moi interesante sobre os movementos desta muller activista. Sabes por que se puxo en folga de fame ou o que aconteceu en Granada a principios do mes de marzo?
http://www.sogaps.org/ Espazo web de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, onde poderás informarte, entre outras cousas do programa “Vacacións en Paz” e acoller a un neno saharauí durante o verán


Se algunhas destas campañas xa remataron este ano non pasa nada, agora
estás ao corrente e o ano que ven seguro que non te esqueces de participar e
informarte a tempo.
E recorda, unha simple firma pode marcar a diferencia!

1 comentario:

nati dijo...

Impresionante listado. Adiante!