Debido á percepción de abundancia enerxética que se ten dende os países ricos, a estreita relación entre as enerxías e Desenvolvemento non sempre é doada de visualizar en cifras ou en experiencias concretas. A través das Xornadas pretendemos amosar como a falta de acceso a recursos enerxéticos economicamente asequibles, fiables, seguros e respectuosos co medioambiente, crea severas restricións no desenvolvemento económico e social.
Se ben as xornadas terán un eixo principal que é a relación entre as enerxías renovables e a súa capacidade para promover o Desenvolvemento Humano, o obxectivo das xornadas é dar unha visión o máis global posible do modelo enerxético actual. Os distintos puntos de vista que os asistentes poderán coñecer a través dos poñentes invitados axudarán a ver o problema enerxético dende diversas perpectivas como pode ser a visión dos grupos ecoloxistas ou os productores de enerxías renovables.
28 nov 2010
Xornadas de Enerxías Renovables e Desenvolvemento Humano
As últimas semanas na sede de Vigo están a ser dunha inusual e frenética actividade. O motivo non é outro que a preparación das Xornadas de Enerxías Renovables e Desenvolvemento Humano, que terán lugar no paraninfo da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo os días 15, 16 e 17 de decembro de 2010. Dende a súa web podemos ler:
Animádevos e, se es estudiante, lembra que a asistencia ás charlas será convalidada por un crédito de libre elección (en proceso de validación)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario