8 dic. 2010

¿Como marcha a fusión de sensi e comunicación en Compos?

Boas a todos ESFeros!!

Esta entrada ten como fin poñervos ao día sobre como marcha o grupo SensiCom dende que Sensi e Comunicación se xuntaron na sede de Compostela.

Por unha banda, este ano quedaban en Sensi, só Helena e María.
Pola banda de Comunicación estaban Alicia e Alba.

Tras as presentación de inicio de curso a cargo de voluntariado coa campaña Faltas Ti na que sensi e comunicación deron conxuntamente a charla na facultade de Xornalismo, decidiuse unir o grupo.

Dende que se tomara esa decisión foi imposible quedar todo o grupo como tal porque había que rematar as charlas Faltas Ti. Pero...chegou un correo á lista: "si quereis PCR teneis que tenerlo planificado para el 5 de noviembre, que hai reunión"
CAOS!!!

Pois conseguimos ter lista a planificación do PCR sen quedar, só co traballo vía mail e a nosa coordinación. Tendo adiantado, incluso, máis traballo ca ningún outro grupo!!

Pero case sen darnos conta...Outro correo: " a PLANIFICACIÓN lista para o día 12 de novembro"
Máis CAOS!!!

Así qeu nos reunimos por 1º vez o 8/11/2010.

Previamente tivemos reunión Helena e María (eramos as que podíamos) con Maruxa e Roberto (PCR's). Despois reunimonos para cear as 4 na casa de Helena e alí estivemos dende as 9 ata as 12 da noite, reordenando a información e datos que tiñamos e intentando dar nome e forma a todo o acordado coa parte que leva sensi en AGRO, así como poñer datas para reunións e recados varios polo da Vicerreitoría e a subvención da XUNTA.

O estrés apretounos, pois cada unha de nós ten razóns de peso nas súas vidas persoais polas que non podía estar sempre que era necesario, pero pouco a pouco e co esforzo de todas demos saido adiante. Ainda que tivemos que pedir prórroga para entregar a plani, foron só 3 días (a finde e o luns), pero conseguímolo!!
E quedáronnos unhas actividades que esperamos levar a cabo e ademáis con bos resultados! Non teremos Jaima en Compostela este ano, como xa se avisara, pero teremos outras magníficas actividades coas que esperamos comunicar moitas cousas á sociedade e lograr sensibilizar sobre grandes temas, e sen deixar Sáhara de lado!
Para facer a boca auga poñovos algúns títulos de actividades: o Estarivel, exposición fotográfica, ciclo de audiovisual, festa centroamericana...

Pensamos que despois da plani poderíamos relaxarnos un pouco e adicarnos ás nosas cousas, pero botóusenos o tempo enriba para pedir a subvención á Vicerreitoría. Así que nos adicamos a este tema, e presuposto para arriba, presuposto para abaixo, instancias por un lado e por outro, descubrimos que con ESF tamén nos poñemos en forma e que chegar dende a ETSE ata a Praza do Obradoiro en escasos 5 minutos é posible!!! Papeis para a subvención: entregados!
Para poder continuar coas nosas vidas e ser voluntarias, tivemos que deixar de lado a Xuntanza, pero esperamos poder divertirnos dentro da asociación noutra ocasión, pois hai que pensar que ser voluntarias é algo que nós mesmas decidimos e que no fondo nos reporta gran satisfacción, toda actividade de ESF, é iso, unha actividade, non un marrón!

Entre unhas cousas e outras tamén demos a benvida a 2 novas VOLUNTARIAS: CARMIÑA E SONIA!!

E tamén demos coordinado unha actividade de emerxencia e non planificada como está a ser o dar a coñecer o que pasa en Sáhara Occidental e ampliar a visión que a xente ten sobre a problemática, pero isto xa é tema doutra entrada...

Polo momento, así estamos, e non podo dar por finalizada esta entrada sen agradecer tamén á nosa voluntaria na distancia a súa colaboración: gracias Chelin!!

3 comentarios:

Patricia Iglesias dijo...

a pesar do estres, parece que a cousa marcha jeje MOITO ANIMO!!!! e contade ca sede para que vos axudemos...

Sergio dijo...

Hmmm, creo que é a primeira entrada que lembro contando "a dura vida do voluntariado". Felicidades xentiña!!!!

Chelo dijo...

Ánimo chicas! Cada vez somos más y será más fácil =)