14 dic. 2010

A "expo" sobre Sáhara ten moito traballo!!

Hola a todos!!

Con todo o tema Sáhara que se levantou ultimamente, os grupos que levamos esta actividade tivemos que reaccionar e movernos para levar a cabo actividades sobre a problemática que Sáhara Occidental está a vivir dende hai tanto tempo.

Como moitos sabedes en ESF hai tempo que temos unha expo de tres paneis informando sobre a situación e o traballo que ESF fai alá.

Tódalas ISF de ESpaña que levan este tema están traballando sobre el, especialmente Asturias. E en Galicia non somos menos. Dende que se deron os últimos sucesos a nosa expo ten moito traballo:
En Santiago colocuse dita expo na Biblioteca Anxel Casal (Campus norte) acompañada dun stand informativo.





Na ponte a expo quitouse deixando colocada a mesa...



Para ser trasladada a Ourense onde estivo colocada o día 9 de decembro.

Agora a nosa expo toma camiño da sede de Ferrol, onde estará colocada en varias exposicións que se levarána cabo.

Despois volverá a Santiago para formar parte das diferentes actividades que o grupo SensiCom ten planificadas para este novo curso!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

La expo en Ourense!!
http://esfsahara.blogspot.com/2010/12/continuando-con-la-expo-sahara.html

Laura

Sergio dijo...

que rule!!!