25 ene 2011

Redadas ilegais na crise (dos dereitos humanos)

Estes días está de actualidade o tema das redadas ilegais que se están levando a cabo no conxunto do estado español e que son anticonstitucionais. O ministro de interior négao e alega que que éstas foron executadas en operativos antiterrotistas o en controis de tráfico, nembargantes, o portavoz do sindicato policial afirma todo o contrario.
 
Aí tedes unhas noviñas para que opinedes...
 
 
 
 
O estado español non aplica os protocolos para averiguar a idade dos/as menores inmigrantes que en moitos casos son repatriados violando os dereitos do/a neno/a. Esta nova fai alusión a un informe da ONU:
 
 
E tamén na Coruña está a acontecer...
 
 
Estase a realizar reunións períodicas onde os/as migrantes e diversas asociacións se agrupan para loitar contra estas medidas que atentan contra os dereitos humanos, xa que tememos que estas medidas racistas e censoras que atacan sempre aos máis débiles non acaban nada máis que comezar. Está nas nosas mans, das organización de desenvolvemento e de acción social apoiar estas propostas para evitar que unha vez máis o parrulo o paguen os/as mesmos/as.

4 comentarios:

Lorena dijo...

Dame bastante mágoa que as persoas vencelladas a unha organización para o desenvolvemento e que supostamente loitan por un mundo máis xusto faga caso omiso ou manteña silencio cara esta problemática que lle está a acontecer a persoas que viven o noso redor.
Non fai falla marchar a Nicaragua, Honduras, o Sahara Occidental ou Guinea Bissau para ver claros exemplos de violacións contra os dereitos humanos :(

Sergio dijo...

Eu non creo que se faga caso omiso, o tema, penso eu, é que non se pode estar en tódalas loitas porque non se da (nin por tempo, nin por recursos, nin por coñecementos). Pero sí que é un tema que se trata de traballar polo menos dende o punto de vista da Educación para o Desenvolvemento onde se conta con xente sempre para falar destes temas (no curso de Santiago a xente de Foro de Inmigración, ou no curso de verán de Vigo que tamén se fala sempre deste tema)

Roberto Roget Antelo dijo...

As persoas voluntarias somos quen debemos tirar da organización, como fai agora Lorena, para que enfronte todas as inxustizas que se poda.
Por outra parte, no caso de que ESF non tivese o material necesario para abordar unha problemática de desigualdade social fóra do seu habitual campo de acción, como pasou con outros temas, as persoas individuais temos mobilidade para procurar alternativas paralelas de participación e mesmo despois buscar sinerxias. Neste caso tamén podo dar boas referencias do traballo do Foro Galego de Inmigración:
http://forogi.files.wordpress.com/2010/12/cartel-viernes1.jpg

Sergio dijo...

Tiña por ahí gardados uns enlaces sobre a prohibición de documentar as redadas ilegais e sobre os avisos en EEUU de racismo nos aeroportos españoles