17 mar 2011

Aplicando a tecnoloxía na Planificación Estratéxica: A teoría dos Sistemas

A diferenza das teorías tradicionais, que viron a organización humana como un sistema pechado, sen ter en conta o ambiente, a teoría dos sistemas, baseáse en que os sistemas vivos, sexan individuos ou organizacións, son analizados como "sistemas abertos"que manteñen un continuo intercambio de materia/enerxía/información co ambiente. O sistema aberto é un conxunto de partes en interacción constituíndo un todo sinérxico, orientado cara a determinados propósitos e en permanente relación de interdependencia co ambiente externo. Esta interactuación constante co ambiente é dual, é dicir, influénciao e é influenciado.

Así un sistema aberto pode medrar, cambiar, adaptarse ao ambiente e ata reproducirse baixo certas condicións ambientais (un exemplo desto último foi a nova sede de Ourense).

Neste constexto, a organización vese como un sistema de toma de decisións, tanto individual como colectivo. Un todo organizado e complexo; un conxunto ou combinación de cousas, partes ou persoas unidas por algunha forma de interacción ou interdependencia.


Se intentamos aterrizar todo o dito ata o de agora sobre o concepto de sistemas con ESF, podemos dicir que ESF é :

- Un conxunto de elementos: conxunto de persoas (voluntarias, socias, contratadas) conxunto de grupos e sedes, conxunto de actividades e proxectos.

- Dinámicamente relacionados, se algo nos distingue é as multiples relacións que temos, entre os propios grupos, uns grupos con outros, con outras sedes. Empregando tanto as reunións presenciais, como outros médios máis alternativos como os blogues, listas de correos, o facebook, o twitter, etc

- Formando unha actividade ou actividades (de sensisibilización, formación, de cooperación internacional)

- Para alcanzar un obxectivo: a nosa misión, construir un mundo solidario e máis xusto a través da tecnoloxía para o desenvolvemento humano

- Operando sobre datos/enerxía/materia: manexamos datos sobre desigualdade, sobre desenvolvemento, sectorial sobre auga, enerxía, desenvolvmento rural, sobre educación, etc Poñemos a nosa enerxía nelo e implicamos a outros axentes na nosa misión (universidade, outras asociacións, etc). Empregamos distintos materiais, tanxibles (exposicións, charlas, etc) como intanxibles, a nosa vontade.

- Para prover información/enerxía/materia: Xeramos contidos, formamos xente, tanto de xeito informal como máis formal, participamos en redes, etc


Quizáis o concepto de sistemas non é unha tecnoloxía en si, pero si podemos considerar que é a resultante dela.


Continuará...

1 comentario:

Sergio dijo...

Gústame o concepto. O feito de pensar nestes termos pode axudar a plantexar as actuacións aos grupos (e tamén o feito de que en ESF entra e sae moita xente non é malo, ao contrario!!)