29 mar 2011

Cambios na Xunta Directiva: Vogalía de Voluntariado


Chelo Revila Nebreda, 1989.
Estudiante de cuarto curso de Enxeñería Química na USC, actualmente de Erasmus en Dresden, Alemaña.
Voluntaria da sede de Compostela dende novembro de 2008 onde ven desenvolvendo diversas actividades de sensibilización, educación para o desenvolvemento e comunicación. Así participou activamente na organización do Proxecto Jaima, stands sobre o Sahara, charlas de diversas presentacións e eventos como a Xuntanza, Feira de ONG's, etc.
Durante o curso 2009-2010 é a responsable de voluntariado de sede en Santiago de Compostela, cargo que abandona debido a súa marcha a Alemaña. Sen embargo, a pesar da distancia segue a colaborar no grupo de Sensibilización e Comunicación, facéndose responsable de varias tarefas como a xustificación de subvencións, elaboración do perfil PCR, dinamizadora dos debates das listas e blogues, etc.
Ademais de vogalía de voluntariado, asumirá a función de enlace entre a Xunta Directiva e a sede de Compostela, xa que é a única representante da sede en dito órgano de goberno de ESF.
Pódese dicir, que se abre unha nova etapa para o grupo de voluntariado en Galicia, que tras 6 meses sen vogal tras a dimisión de Xacobe A. Fernández, debe afrontar un novo reto, ter unha vogal desprazada. Sen dúbida un novo reto pero con confianza plena tanto no grupo como na nova vogal, con capacidade de traballo e compromiso xa suficientemente demostradas.

1 comentario:

maría dijo...

Apoio total a Chelo!!
Como Coordi e compañeira súa, podo dar todas as referencias posibles, e todas seran baos!!
Chelochen é estupenda!