CONTIDOS
* Blogue de Vida Asociativa
* Blogue Nicaragua
* Blogue Honduras
* Blogue materia de cooperación da UDC
* Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
* Outros blogues ISFeros
* Outros enlaces de interese
* Novas publicacións en papel
* E no próximo mes ...
* A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA
En febreiro houbo moita actividade asociativa. Dende interesantes debates (que podedes continuar se queredes, facendo comentarios) sobre se as TIC son "servizo básico", se "todo vale" para a captación de fondos, cal debería ser o papel de ESF na incidencia política en período electoral ou se é bo momento para o cambio de lema de ESF, até o anuncio da celebración do VI Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano en Santiago e Lugo, algunhas reflexións sobre o proceso de planificación estratéxica no que estamos inmersos (con proposta musical incluida) ou a presenza de ESF no Espazo Solidario en A Coruña un ano máis.
BLOGUE NICARAGUA
No mes de febreiro no blog de Nicaragua, xa pechando os proxectos neste país, lémbranse as últimas actividades da Fase III nas que chegaron a participar os participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2010 in situ:- os obradoiros informáticos impartidos na oficina de FIDER en Jinotega, onde tanto ESF como os técnicos de FIDER aprenderon a facer blogues e presentacións tipo Power Point, e tamén nocións do programa de Sistemas de Información Xeográfica “Arc View”.
- o reparto do material para a construcción dos galiñeiros ás 80 familias beneficiarias, o deseño e a execución do galiñeiro piloto, e as capacitacións en cría de aves.
BLOGUE HONDURAS
Tras dous meses de inactividade do blogue, voltamos a informar do traballo de ESF en Honduras.Foron dous meses de duro traballo, no que destacan as xustificacións de proxectos, a formulación do “Proxecto de abastecemento e saneamento na comunidade de San José de Las Conchas no municipio de Marcovia en Honduras” presentado á Xunta de Galicia, e o seguimento do proxecto subvencionado pola Diputación de Valladolid: "Plan de incidencia sobre o manexo ambiental da auga nas comunidades costeiras do Municipio de Marcovia, Choluteca, Honduras". Poderedes atopar imaxes do proxecto, e tamén un resumo da reunión na que CODDEFFAGOLF, Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras fixeron unha valoración dos avances do mesmo.
Ademáis, o Cartolab presentou o gvSIG Fonsagua no Congreso Internacional de gvSIG que se celebrou en Valencia o pasado mes de Decembro.
BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC
Neste blogue en febreiro poderedes atopar os contidos da primeira e segunda sesión da XI edición do curso de “Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento” da UDC. Estades todos invitados as charlas que queirades, podedes ver o programa no blogue (en xaneiro).OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA
- Páxina de Facebook de ESF Galicia. Creada o 24 de xullo e conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
- Wiki de ESF Galicia. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar... PRONTO VOLVERÁ A ESTAR ACTIVA
- Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo!! Neste mes houbo un crecemento importante de seguidores e seguidos.
- Slideshare ESF Galicia. Creado en maio, ahí podedes ver algunhas presentacións sobre temáticas de interese de ESF.
- Blog de Enerxías, estos meses estiveron coa organización dunhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que pronto se poderán ver na televisión da UVigo.
- DESTACADO Blog de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
- Grupo de Facebook de ESF Galicia.
- Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
- Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
- Podomatic de ESF Galicia. Recén creado. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
- Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.
OUTROS BLOGUES ISFEROS
- Proxectos en Sahara. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por membros de Galicia, Aragón, Asturias, Castilla-León, etc.
- ISF Telecos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Telecomunicaciones de Madrid.
- ISF Aero, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería Aeronáunica de Madrid.
- ISF Caminos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Caminos de Madrid.
- ISF Geominas, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingenieros de Minas de Madrid.
- Grupo universitario de Ciudad Real, de ISF ApD. Blog do grupo universitario de Ciudad Real.
- ESF Catalunya. Blog corporativo dos compañeiros de ESF Catalunya.
- ESF Catalunya en El Salvador.
- ISF Andalucía en Perú
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias en Angola
- ISF Asturias, sección xuvenil
- Twitter de ISF Asturias
- Twitter de ISF ApD
- Grupo de Facebook Federal de ISF
OUTROS ENLACES DE INTERESE
Auga
¿Sabes lo que esconde tu botella de agua?DESTACADA El Fondo de Agua, intereses y Haití
Comunicación para o (como) desenvolvemento
La piratería no existeBloguear es un acto de rebeldía
¿Es escalable el modelo actual de los medios sociales?
Indeseable e impertinente como Gervasio
Consumo responsable
BBVA sin armas (e tamén hai para o BSCH)Informe sobre Cambio Global España 2020/50. Energía, Economía y Sociedad (100% de electricidade en España con renovables para o 2030 é posible!).
Sobreexplotación Pescanova
Cooperación e ONGD
Oxfam alerta de la tendencia de los países donantes a condicionar su ayuda humanitaria a intereses políticos y de seguridad nacionalEducación para o desenvolvemento
Listado de películas para educación en valores y para la PazProyecto The Story of Stuff (en inglés)
Vídeo. Ellas son...África, ejemplos de mujer. 4min 52seg
Iniciativas
Emprendedores sociales AshokaJosé Luis Burgos, un hombre que es muchos hombres y mujeres
Anonymous presents Operación Goya
Críticos y ciudadanos
Forestales Sin Fronteras
Investigación para o desenvolvemento
Vídeo, 25 min. 6as Jornadas gvSIG: gvSIG Fonsagua: Sistema de información para la gestión de redes de abastecimiento de agua y saneamiento Monográfico sobre “Cooperación y desarrollo: el valor de la investigación al servicio del desarrollo humano”
Mundo
La oposición a Obiang clama por el "egoísmo" de España en Guinea EcuatorialLa revolución de Islandia
América Latina: la pobreza disminuye... pero 180 millones siguen viviendo en ella
Políticas e modelos de desenvolvemento
En defensa del Foro Social Mundial. Oxígeno africano para otros mundos posibles
Sensibilización
El cambio climático en cómicSoberanía alimentaria e desenvolvemento rural
¿Qué escondía el volumen 28 de The Ecologist? ¿Por qué se destruyó la edición completa?Salad slaves: Who really provides our vegetables - video 12min 59seg
A farm for the future. Vídeo. 48min 39seg
Zoca Miñoca, cooperativa de consumidores responsables en A Coruña. Vídeo. 11min 43seg
Resistencia a los transgénicos en el Estado español. Vídeo. 15min 49seg
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
¿Nos está volviendo lerdos Internet? (2: El contraataque)Las paradojas de internet
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se vos interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles).- El libro negro de las marcas. El lado oscuro de las empresas globlales. Klaus Werner y Hans Weiss
- Guía para promover el voluntariado desde la empresa. Obra social La Caixa.
- Bones pràctiques en la gestió del voluntariat. Obra social La Caixa.
- Manual de gestión del voluntariado. Obra social La Caixa.
- Lei 9/2010 do 4 de novembro, de augas de Galicia.
E NO PRÓXIMO MES ...
5 de marzal: Día Mundial da Eficiencia Enerxética
8 de marzal: Día Internacional da Muller
11 de marzal: último día para matricularse no VI Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano en Santiago e Lugo (que comeza o 11 de marzal).
15 de marzal: Día dos Dereitos do Consumidor
21 de marzal: Día Forestal Mundial
22 de marzal: Día Mundial do Auga (diversas actividades en Ourense e A Coruña)
DESTACADÍSIMO 26-27 de marzal: Xuntanza de ESF Galicia (Asemblea de Socios e obradoiros sobre a nova Planificación Estratéxica). NON FALTEDES!!!
29 de marzal: A Hora da Terra
Todo o mes: mes da sostenibilidade en A Coruña (actividades sobre todo na Escola de Camiños)
Todo o mes: segue aberto o prazo para presentarse ao I Concurso ESF de postales navideñas (2011-2012)
* Para máis info sobre cursos e eventos consultade a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Vivimos nunha sociedade fondamente dependente da ciencia e a tecnoloxía e na que ninguén sabe nada destes temas. Esto constitúe unha fórmula segura para o desastre.Carl Sagan
No hay comentarios:
Publicar un comentario