1 abr. 2011

Un pequeno resumo da Xuntanza en imaxes..

Foi un día intenso, pero imos intentar resumilo en imaxes.

Tras conocernos un pouco máis a nivel individual pasamos a intentar conocer ESF, os seus grupos e as súas relacions, é dicir, ver o sistema de ESF...
Empezamos cos subsistemas máis pequenos, sedes de Ourense, Ferrol, Lugo...


subsistemas periféricos, sede de Vigo...

subsistemas de subsistemas, grupo Auga da sede de Coruña...

outro sub-subsistema, grupo Agro da sede de Compos

e así obtemos o Sistema ESF





Xa nos quedaron algo máis claro cómo estamos relacionados, pero que tal ambiente se respira en ESF? Analizamos a enquisa que se lle pasou aos contratados e persoas voluntarias con record de participación, 50 persoas!!!!




Despois pasamos a avaliar a anterior planificación estratéxica, como non tiñamos indicadores tivemos que recurrir a outros métodos menos ortodoxos pero onde sairon conclusións moi interesantes. Tamén analizamos as impresións do anterior vogal de Planificación Estratéxica, con certa polémica...

E para rematar a maña, que mellor que unha choiva de ideas sobre debates, que é o que nos inquieta/preocupa en ESF?

Despois dun xantar con final moi doce, pasamos a ver as definicións dos principios, valores.

E tras un longo debate "parimos" unha nova misión!

Tras tomar folgos cun bo café de comercio xusto, pasamos a facer memoria, recente, e sacar datos...

E para finalizar, e tras unha votación dos debates máis interesantes pasamos a facer unha dinámica, o termómetro, facendo microdebates.

E así rematou a xuntanza estratéxica! con espíritu crítico... pero a xuntanza dou para máis, para ir comunicando en directo os avances (tivemos seguidores internacionais!)

durmir unha que outra sesta..

e por suposto VERTEBRAR!!!

GRACIAS LUGO!!!! fostes uns anfitrións de "lujo"

Fomos poucos pero creo que eso tamén contribuiu a que houbera un ambiente máis participativo... todo ten o seu lado positivo e seguro que a xente nova o agredeceu.

Os datos, conclusións de tanta análise e debate xa irán caendo por estos lares. E idevos preparando para outra sesión antes de que chegue o verán...

2 comentarios:

Sergio dijo...

Felicidades, Lugo!!!! A verdade é que foi intenso o finde!

Andrés Estévez dijo...

Parabéns!! Unha mágoa non poder estado alí!