7 abr 2011

Resumo blogueiro mensual: marzal de 2011

CONTIDOS


* Blogue de Vida Asociativa
* Blogue Nicaragua
* Blogue Honduras
* Blogue materia de cooperación da UDC
* Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
* Outros blogues ISFeros
* Outros enlaces de interese
* Novas publicacións en papel
* E no próximo mes ...
* A ESFrase do mes

BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


En marzal comezou o movemento da saiba e da natureza, e como non, tamén da vidilla no pequeno mundo no que ESF está inmerso.

Podemos contar dende interesantes e animados debates con diversos puntos de vista (que podedes continuar se queredes, facendo comentarios) sobre a A Lei de Augas de Galicia así como da Financiación e o Autofinanciamento das ONG.

No que toca ás interioridades máis profundas da Asociación temos a celebración da Xuntanza e algunhas reflexións e profundizacións no proceso de planificación estratéxica no que estamos inmersos, así como a presentación da memoria de ESF 2009 e diversos cambios na Xunta Directiva no que respecta á Vogalía de Voluntariado e á fervorosa actividade do grupo SensiCom-Compos

No que respecta a celebracións e actividades puidemos asistir ó comezo do VI Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano en Santiago e Lugo (felicidades para todos os compañeiros implicados en tan ardua tarefa), á celebración como ven sendo habitual do día Mudial da Auga (este ano con algo máis de chascarrillo), a participación de ESF-Ourense no Día Internacional da Muller e a realización de distintas actividades na Coruña con motivo do Mes da Sustentabilidade.


BLOGUE NICARAGUA

No mes de marzal poderedes encontrar a primeira entrega da entrevista que ESF fixo a don Carlos e don Silvio, os técnicos da nosa coparte FIDER, para así coñecer un pouquiño máis o programa "Fortalecemento das capacidades das comunidades da microcunca do Río Sasle para unha xestión sostible dos recursos naturais".



BLOGUE HONDURAS

Este mes estivo cheo de actividade. Por un lado podemos atopar as diferentes accións que se están a desenrrolar en Honduras, enmarcadas dentro dos proxectos que ESF está a executar no país. Héctor, un alumno da Universidade de León que estivo a facer prácticas de cooperación con nós, foi o encargado da realización dunha capacitación teórico-práctica sobre topografía para a Acaldía de Marcovia.
Tamén en Marcovia comezou a sensibilización ambiental relacionada coa mellora da sostenibilidade da xestión dos recursos hídricos a nivel local, mediante capacitacións, campañas e educación ambiental.  Se comezaron a establecer os primeiros contactos con as Universidades Hondureñas que traballan en temas de Tecnoloxías de Información Xeográfica (TIX), Software Libre (SL) e/o Ordenación Territorial, para conseguir no futuro posibles colaboracións neste eido.
No final do mes tivo lugar a capacitación sobre o uso de gvSIG 1.10 na que participarán o persoal técnico de CODDEFAGOLF e da Alcaldía de San Lorenzo.
Continúase a construcción de letrinas de cierre hidráulico. O pasado 22 de Marzo celebrouse o Día Mundial da Auga, e fixose un concurso de debuxo nas escolas de San Francisco de Coray para que os nenos expresen a sua relación co recurso hídrico e o ambiente, e un foro da auga onde asistiron todas as xuntas de auga do municipio de Marcovia, o SANAA, o CESCO, o SERNA e promotores da saúde.
Ademáis, é importante destacar este mes que a nosa contraparte CODEFFAGOLFF celebrou o seu 23 aniversario,e para iso organizou un evento no que se repasou a historia da organización, se espuxo os traballos que están realizando actualmente, e trataronse temas de actualidade como a crise e a minería en Honduras.
Tamén cumpre dicir que ESF conta con un novo técnico local, Lorenzo Olivas, para principalmente dar apoio ás contrapartes no gvSIG Fonsagua y en el PGIRH en general, e que abriuse a convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade 2011 e que para solicitar praza teredes ata o próximo día 11 de Abril.


BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC

Como xa sabedes, o mes pasado comezara un ano máis (e xa van 11) o curso de “Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento”.
Neste blogue en marzal poderedes atopar unha breve explicación dos contidos tratados na segunda, terceira, cuarta e quinta sesión, como foron o Software Libre, Banca Ética, Comercio Xusto e Consumo Responsable ou Habitabilidade Básica. Estades todos invitados as charlas que queirades, podedes ver o programa no blogue.


OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Creada o 24 de xullo e conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • Wiki de ESF Galicia. En migración. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo!! Neste mes houbo un crecemento importante de seguidores e seguidos.
  • Slideshare ESF Galicia. Creado en maio, ahí podedes ver algunhas presentacións sobre temáticas de interese de ESF.
  • DESTACADO: Blogue de Enerxías, estos meses estiveron coa organización dunhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blog de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.


OUTROS BLOGUES ISFEROS


OUTROS ENLACES DE INTERESE

Auga


El camino para la gestión pública y participativa del agua
Honduras. Ya no hay agua para todos
Revista Es Posible. Especial Alianza por el Agua


Comunicación para o (como) desenvolvemento

Una Agenda 21 para la prensa alternativa (valería tamén para os movementos sociais?)
Vídeo 2.0: del deseo de notoriedad a la aportación de valor
Twitterrevolución
Agencia latinoamericana de información
Comunicando para la Solidaridad y la Cooperación. Cómo salir de la encrucijada

Consumo responsable

“La guasa es tan poderosa como el miedo”
Acerca del documental Comprar, Tirar, Comprar
Los proyectos que ponen la economía al servicio del ser humano no deben ser abandonados al libre mercado
Revista 'Soberanía alimentaria, biodiversidad y culturas'

Cooperación e ONGD

Entre una pequeña y una grande
Oportunidades de mecenazgo.org

Educación para o desenvolvemento

Los pinceles de Artemisia: ¿Cómo se enseña la igualdad de género?

Iniciativas

Soluciones prácticas, tecnología desafiando la pobreza (antigua ITDG).
ATOL (Accompagnement méthodologique des initiatives de développement) (ONG belga inicialmente especializada en tecnología y cooperación que ha ido derivando a apoyo a iniciativas de economía social)
Lanzanos.com
Thawra, denuncia y derechos humanos en el Sahara Ocupado

Investigación para o desenvolvemento 

Universidades y Cooperación al Desarrollo: reflexiones de urgencia en perspectiva


Mundo

José Bono en Guinea Ecuatorial. Declaraciones, inversiones y otras mentiras
El Acuerdo Comercial UE-Marruecos es ilegal, inmoral, desigual e insostenible

Políticas e modelos de desenvolvemento

Viendo la vida pasar
Energía limpia: ¡Ayuda a limpiar el Banco Mundial!
Federación Española de Municipios y Provincias, comisión de cooperación (datos de cooperación descentralizada)
La cooperación al desarrollo y el desarrollismo
DESARROLLO, SUBDESARROLLO, MALDESARROLLO Y POSTDESARROLLO

Sensibilización

“Qué penita nos da ahora la represión, pero bien que les vendemos armas”
Coltán: Buscamos tecnología y sembramos miseria
Entrevista a Karla Lara, de Artistas y Feministas en Resistencia de Honduras “En América Latina la izquierda es demasiado masculina...

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Genetics and food doesn’t have to be just about GM: genetic markers
Microcréditos subprime
Informe sobre pobreza rural do FIDA
Vídeo. Tierras de Tralapanda, el sueño de la ocupación rural. 41min 59seg

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tomando conciencia del software libre en organizaciones del tercer sector
LAS MUJERES, CON MENOR PARTICIPACION. La digital, otra brecha
Vídeo 2.0: del deseo de notoriedad a la aportación de valor


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO


-CD. As entidades locais galegas perante un mundo desigual e inxusto. Influir no global desde o local. FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN.
-Os Bolechas queren saber...que se fai co lixo que chega ao Complexo Medioambiental de Sogama. Xunta de Galicia.
-Fogares Verdes. Caderno de auga e enerxía. ADEGA.
-Fogares Verdes. Por un nadal máis verde (ou como superar as festas do consumismo). ADEGA.
-Manual de Compostaxe caseira. O compost, fertilizante natural para a horta e o xardín. ADEGA.
-Mujeres, tecnología y desarrollo. HEGOA.


E NO PRÓXIMO MES ...

8-10 abril: Feira de Asociacións na praza da Soidade en Lugo
8-10 abril: 2º e derradeiro fin de semana do Curso de TpDH en Compostela
11 de abril: Peche do prazo para solicitar praza no Programa de Coñecemento da Realidade
11-15 abril: Mes da sustentabilidade na facultade de Ciencias da Educación, Campus de Elviña A Coruña
12 abril: Charla na materia de introducción a cooperación A Coruña. Problemas para o desenvolvemento en África. O conflito Somalí. Roberto Mansilla Blanco (IGADI)
15 de abril: Día do Neno
22 de abril: Día da Terra
26 de abril: Charla na materia de introducción a cooperación A Coruña. Axuda en Emerxencia. Francesc Cortada Hindersin (ONG – Intermón Oxfam)
28 de abril: Resolución do concurso de postais de ESF Galicia

Para máis info sobre cursos e eventos consultade a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD

A ESF-RASE DO MES

Non podemos solucionar os problemas pensando do mesmo xeito que cando os creamos.
Albert Einstein



No hay comentarios: