7 may 2011

O mundo dos stands ou como saber se sensibilizas ou non

Durante as últimas tres semanas o grupo de Sensibilización e Comunicación de Compostela andivemos enroladas cos stands de información sobre o Sáhara, maioritariamente, Nicaragua e Honduras.

Foi unha moi boa experiencia pero quédanos a pequena duda de se conseguimos que a alguén se lle encedese unha luz. Seguro que si. Ademais, este ano, incorporáronse dúas charlas de PCR (ás que agradecemos moito a súa colaboración e dispoñibilidade) e dos proxectos que ESF leva a cabo, dándolle á propia actividade unha maior profundidade, participación e intercambio.

Comezamos co primeiro stand en Xornalismo.



A pesares das expectativas que tiñamos postas nas inquietudes dos futuros xornalistas o stand pasou bastante desapercibido. Algunha ollada fugaz e nunca directamente ao ollos das que estábamos alí, por se intentabamos vender algo.





En palabras da nosa compañeira Carmiña podería resumirse a xornada como “miradas tímidas cara a exposición e a mesa e, sobre todo, unha considerable velocidade do andar ao pasar por diante”.

A nosa segunda xornada, en Xeografía e Historia.



Sen dúbida fixo aumentar o noso ánimo sensibilizador posto que o alumnado desta facultade mostrouse curioso e receptivo ante a información e a exposición que presentabamos.
Como di María, "de algo ten que servir desplegar as nosas armas, e refírome, por suposto ó material!"





Neste día celebrouse a primeira charla impartida por Dinorah que “foi unha forma interesante de adentrarse na realidade dos proxectos de cooperación que ESF leva a cabo. O máis interesante deste tipo de charlas é o feito de poder escoitar de primeira man e apoiada por unha experiencia como se vive e como se actúa no Sur”, segundo explica Carmiña.




O terceiro stand, na facultade de Matemáticas, tamén pasou un tanto desapercibido e corroboramos a idea que María dixera respecto ao ano anterior, cando non hai ninguén detrás da mesa as persoas achéganse con máis tranquilidade e botan un ollo con calma ao material informativo.



E ata tivemos visita!



A Residencia Monte da Condesa acolleu o cuarto stand.




A pesares da entrada e saída continua de xente, non houbo moita xente que se parase a observar con máis detalle o material e a exposición. Este día tamén contamos coa presenza de Maruxa, que deu a charla de PCR aínda que, como nos comenta Carmiña non asistiu case ninguén por mor do partido. Aínda así, a valoración das persoas presentes foi moi positiva.



E por último o stand da ETSE, que supuxo unha tarde diferente e movida.





Carmiña resumiu a xornada: “este tivo de todo… Dende a visita duns cantos profesores a preguntar polos proxectos, a dar o seu apoio e ánimo ou mesmo a darnos a súa opinión sobre as revoltas no mundo árabe, as causas do subdesenvolvemento en África, o Islam….ata unha moi ben levada partida de Parchís-Oca que nos fixo a envexa de todo o que por alí pasaba!”.

E ramatamos un ano máis cos stands. Satisfeitas e contentas polo traballo realizado e esperando que esa información, que se levaron dos nosos stands e da exposición, lles faga pensar e reflexionar... sobre outras realidades.

Redacción: Alba Miranda (en relación ás opinións das voluntarias)
Fotos: grupo SensiCom - Compos

4 comentarios:

maría dijo...

e que dicir desos momentos que non estamos no stand, a de productividade e creativiadade que nos sae!!!!
Noraboa rapazas, conseguímolo!! e agora quedan duas actividades moi interesantes e unha sorpresiña, si o no??

Carmiña dijo...

así e todo, como mola sensibilizar! :-)))))

Patricia Iglesias dijo...

en relación co título do post, cómo sabedes se sensibilizas ou non? xD

maría dijo...

é algo que se ve a longo prazo, nós non podemos facer unha avaliación inmediata do noso traballo.
Logo, en sucesivas actividades a xente recordanos ou xa nos coñece. E cando estás no teu concello, que non é no que fas a actividade, che presentan a unha persoa e che di: eh! ti es a da Jaima en Farmacia" entón é cando sabes que sensibilizas.
Cando vas comentarlle a alguén o tema e che di: eso xa o vin/lin nunha mesa informativa de ESF", entón sabes que sensibilizas.