7 jun 2011

Formacion Xeral do Programa de Coñecemento da Realidade

O sábado 28 tivo lugar a primeira sesión de Formación para a xente que se vai de Programa de Coñecemento da Realidade a Honduras, neste verán e outono, se a financiación o permite...

A pesar duns pequenos problemas loxísticos, a formación foi un éxito (ou a xente mentiu descaradamente nas enquisas de formación). Máis haberá que esperar a avaliación a volta, que é cando se pode saber se os coñecementos impartidos valeron para algo (ou non).

Tras a usual dinámica de presentación, onde puxemos cara aos participantes do programa:
- Auga: Alex e Victor
- Desenvolvemento Rural: Alvaro
- Enerxia: Eric
e Belen como suplente de Desenvolvemento Rural e Auga



Esto lle serviría de introducción ao que alí se iba a desenvolver. Demos paso a José Manuel Vázquez, un dos nosos xa habituais colaboradores. Este antropólogo e catedrático de Historia, a través da súa formación e da súa dilatada carreira investigadora falounos sobre o choque cultural, poñendo como exemplo a un clásico do cine como Stromboli ou recurrindo ao síndrome de Stendhal. Para evitar estos males, recomendou informarse sobre a situación sociopolitica do país e sobre a súa historia, xa que é o condiciona a cultura. Unha páxina de onde se pode sacar moitísima información e actualizada é a da CIA.
Dende a xente de ESF tamén se recomendou visitar os blogues tanto o de Nicaragua como o de Honduras, xa que se pode un familiarizando co país, os proxectos e ca cultura.

Tras esta introducción teórica ao largo da cal enriquecido co intercambio de opinións e experiencias, e cun parón afroitado e doce para coller folgos, fixemos unha dinámica para intentar poñer en practica o que acabamos de aprender, a xa habitual dinámica dos Derdianos. O relator da primeira charla sobre interculturalidade, Jose M. Vázquez foi un derdiano máis.






A nosa seguinte relatora, sobre xénero, por diversos problemas loxísticos non puido acceder a dentro do edificio donde se estaba celebrar a formación, pero esto non impediu que tivéramos unha interesante reflexión sobre os comportamentos en cuestión de xénero e discriminación tanto no Sur como Norte. Ademais expuxéronse situacións as que tiveron que enfrentarse anteriores PCR's.

Tralo xantar por diversos compromisos, causaron baixa Eric e Belen. Aínda así, proseguimos ca nosa andaina formadora.




Juan Adolfo do grupo Auga, falounos sobre o compromiso PCR e Sabela ex-PCR de Honduras, dou unha charla moi práctica sobre seguridade e saúde. Se lles pasa algo, non será polos consellos que lle deron.




Tras un pequeno descanso, procedimos a falar sobre ESF. Unha primeira dinámica con sopa de letras incluidas para falar das siglas que usamos.





Despois decidimos sair a sombra a facer outra dinámica text sobre os conocementos que tiñan os PCR sobre ESF, a institución que van ter que representar no Sur.. tamén participaron Sabela e Juan Adolfo, sendo esta a gañadora indiscutible. Quedou demostrado que a implicación na vida ESF a todos os niveis (asistencia a Cósmicas, Xuntanzas, e vida da sede) da un bó coñecemento da Asociación e que pouco ten que ver co tempo que leves. De feito algun dos futurtos PCR e maís recén chegados estaban maís enterados das últimas novidades que están sucedendo en ESF que algúns que levan máis anos e só están nun grupo...




Volvemos ao interior para repasar conceptos básicos sobre cooperación e incluso dou tempo para ter un interesante debate sobre o mito do "bo salvaxe".





E como pechacancelas, a vertebración! alá nos fomos ver a segunda parte do partido onde o BarÇa se proclamou campión de Europa, para algúns o peche final perfecto dun día, polo menos, interesante.

1 comentario:

Sergio dijo...

Conseguístelo de novo os de voluntariado! Cada vez millor!