PRIMEIRA FIN DE SEMANA
Políticas e axentes da cooperación (Xosé Luis Pastoriza, Guillermo Otero, Ernesto Gómez e Alba Miranda)
- O maior problema para a cooperación é a falta de sensibilización por encima da falta de recursos.
- O cambio social ten que partir da educación.
Precedentes históricos das relacións Norte - Sur. O colonialismo (José Antonio Martínez)
- Se o mapa das colonias de 1870 coincide co dos países nos que se coopera hoxe en día, será porque algo ten que ver.
- O capitalismo é a extensión do imperialismo colonial.
Movementos sociais no Sur (Eva Gil)
- Chamáronme moito á atención o gran número de movementos sociais que existen na nosa comunidade e os exemplos ilustrados cos vídeos. O caso das presas en Brasil e, sobre todo, o das mulleres en loita pola recuperación da súa fábrica: “As fábricas poden continuar sen donos, pero non sen traballadores. Iso é o que lle doe aos xefes, aos políticos, ao imperialismo, ao capitalismo”.
- Cooperar non só debe ser a acción dun fluxo de solidariedade.
Alternativas ao desenvolvemento actual. Que é o desenvolvemento sostible? (Miguel Pardellas)
- O decrecemento é o camiño a seguir para obter unha sociedade máis igualitaria.
- Esta charla serviu para entrar máis en materia, coñecer a malversación que se fai do concepto de Desenvolvemento Sustentable.
Ordenación territorial e fortalecemento institucional (Sergio Fernández)
- Quédome sobre todo con que planificar unha ordenación é moi complexo e implica a moitos factores.
Participación social, sensibilización e incidencia política. O caso do Sáhara Occidental e os campamentos de refuxiados (Grupo de Sensibilización e Comunicación de ESF)
- Pareceume impactante coñecer a existencia do “muro invisible” formado polas minas antipersoa que mantén recluído ao pobo saharauí.
- Animoume a interesarme máis na causa saharauí. Quédome co feito de que casos como o do Sáhara deberían interesar moito máis ao goberno español, e que é competencia súa facer presión para que a situación cambie.
- Destacaría en primeiro lugar o vídeo de presentación por que resultou realmente unha proba resumida e visible do traballo que fan e tamén me gustaría destacar a actividade que realizamos onde obtivemos bastantes ideas que poderían aproveitarse na organización.
A pobreza no norte ou cuarto mundo (Felipe Noya)
- A xente que actualmente pertence ao 4º mundo e que vive na rúa encóntrase en peores condicións e cunha menor esperanza de vida cá media de habitantes de Guinea Bissau.
- Somos animais sociais, pero cada un ten que asumir a súa responsabilidade individual.
Tecnoloxías de información para a Comunicación (TIC´s). O caso do Software Libre (Andrés Estévez e Jorge Muñoz)
- Interesante temática e de actualidade. A charla non se axustou aos tempos pero a importancia do tema e a maneira entretida de tratalo fixo esquecer este “contratempo”. O exemplo da receita de cociña rematou resultando clarificadora.
- O software libre non ten porque ser gratis.
O acceso á auga como dereito universal (Pablo Martínez)
- Existen 1.000 millóns de persoas sen acceso á auga potable, 2.600 millóns sen acceso a saneamento básico e 6.000 persoas que morren cada día por falta de auga potable e por unha hixiene deficiente. Por outra parte, a maioría das marcas de auga pertencen a Coca-cola, Nestlé, Danone e Pepsi-cola.
- Estivo ben saber que a auga embotellada é pouco máis que auga da billa.
Acción participativa no Sur. Caso práctico (Manuel de Dios, Roberta, Leónidas, Jacinta e Walter)
- A realidade é que en moitas ocasións, a pesares de que o terreo cumpra as condicións axeitadas para levar a cabo un proxecto, este non pode concebirse sen ter en conta a aqueles que se beneficiarán del. Falar con eles e coñecer a súa realidade é crucial para saber o que precisan, e se serán capaces de ocuparse do proxecto unha vez rematado.
Enfoque medioambiental no desenvolvemento (Judith Sing)
- Nun proxecto de cooperación hai que plantexarse que tes que causar o menor dano posible, e se o podes causar hai que replantexarse se compensa coa obtención do beneficio.
- Basear a cooperación ao desenvolvemento no seu simple financiamento é facer un discurso pobre e baleiro.
Implicación persoal na cooperación para o desenvolvemento humano (Adrián P. Fernández)
- Quédome cunha anécdota: Ao comezo da charla o poñente pregunta quen sabe algo de banca ética, erguen a man 3 persoas. Ao remate da explicación un dos compañeiros pregunta por que a xente non aposta pola banca ética.
Consecuencias da desigualdade Norte – Sur: o feito migratorio (Mª Carmen Puga)
- Os inmigrantes cando chegan son invisibles para o bo (dereitos) e visibles para o malo (racismo, policía).
1 comentario:
Con un poco de retraso Carmiña pero pedazo resumen!! Me ha encantado, "casi" como haber estado allí!
Publicar un comentario