14 nov 2011

Unha viaxe pola historia do grupo Sensi de Compos: atréveste a continuala?

Ía comezar esta entrada cun vídeo.
Un vídeo que fala da creación dun grupo: sensibilización. E ó mesmo tempo dunha problemática social: o tema de Sáhara Occidental.
Un vídeo que se estreou nunha charla do curso TCpDH realizado en Santiago de Compostela.

No cal tamén se creou o 1º "kit SpS" (Sensibilización para Sáhara).

Un vídeo que ademáis recolle a historia de varias persoas: voluntari@s. E que a través do voluntariado nunha ONGD coma Enxeñería Sen Fronteiras, atoparon reconfortación nas súas vidas ó sentirse un pouquiño máis útiles no mundo, e tamén uns lazos de unión entre eles, unha amizade.

Este grupo comezou da man de Xacobe, un voluntario da rama da Psicoloxía (pois en ESF ten cabida toda especialidade) e que decidiu ir coñecer in situ o que estaba a acontecer nos campamentos de refuxiados de Sáhara Occidental (tendo alí ESF un proxecto de cooperación internacional). E foi así como se convertiu no 1º PCR (Programa de Coñecemento da Realidade) dun grupo de sensibilización.

Comezamos cuns pequenos stands e unha gran Jaima...
Alcanzamos a repercusión nos medios...
Experiencias e aventuras que non se poderán borrar...


E continuamos con Exposicións...
Ciclos de cine... Charlas e máis charlas...

Tras ano e medio de mandato de Xacobe, o cargo da coordinación do grupo pasou a María, que tentou soster o grupo o mellor que puido...


E... pouco a pouco as "chicas sensi" foron collendo o poder...

Ainda que por certos motivos alleos aos voluntari@s, houbo momentos de fraquezas nos que o apoio mútuo foi moi necesario...

...logrouse saír adiante e continuar a nosa labor sensibilizadora de cara á sociedade.
Foron aparecendo novas incorporacións como a de Carmiña,

e as reunións de traballo non cesaron, tanto in situ...

...coma na distancia...

Sen esquecernos, por suposto, da fusión co grupo de COMUNICACIÓN que formaban as estupendas "chicas Com": Alba e Alicia (actual PCR "SensiCom" en Honduras). Quedando os grupos fusionados e con novo nome "SensiCom".


Tras certos cambios que a vida fai inevitables, idas e voltas de voluntari@s que van e veñen, pero sempre permanecen, este ano, a fusión entre Carmiña e María como Co-coordis está por bo camiño, por moi bo camiño... son as "Charlies" na busca de anxos para continuar a labor...


E agora si, non vos fago esperar máis. Para rematar aquí tendes, os que ainda non o vistes, o famoso vídeo que tantas emocións pode despertar.
Tan só...

Clicade para ver na canle de youtube esfera o VÍDEO DA CREACIÓN DO GRUPO DE "SENSISÁHARA" EN COMPOS!!


E... tras ler esta entrada... só temos unha suxerencia:
FAITE VOLUNTARI@!!
ÚNETE A SENSICOM!
ESF - Galicia (Santiago)

Os interesados contacten con María ou Carmiña para concertar entrevista... BUSCAMOS ANXOS!!

Doodle para concertar cita:
http://www.doodle.com/7cdedz667se32hmu
SER VOLUNTARI@ MOLA!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

jo chicaaaaas!!! que no he visto el vídeo otra vez pero ya casi me emociono sólo con la entrada!!! jo, qué recuerdos tan chulos!! =) =)

maría dijo...

é a experiencia do voluntariado...e como ademáis é algo que un fai porque quere...está máis interiorizado. Sempre despertará sentimetos agradables!!!

Xakobino dijo...

mimá! Que recordos!!!