21 oct 2011

Magosto ESFeiro

Aínda non te enteraches???

Pois entérate! Este mércores 26 organizamos un Magosto Popular no Campus Sur da USC, máis exactamente, na Praza do Seminario de Estudos galegos (diante da Facultade de Farmacia) para empezar con forza este curso e dar a coñecer a nosa actividade.

Teremos unha morea de actividades que de seguro che han interesar, ademais das castañas de balde, claro:
  • Obradoiros de reciclaxe
  • Stands
  • Experiencias de voluntariado
  • Foliada
  • E unha chea de cousas máis que só poderás descubrir asistindo!
Se sabes tocar algún instrumento, queres demostrar o teu talento nalgún tipo de actividade ou che interesa participar dunha xornada na que compartir ideas e pasar un bo rato achégate ao Magosto de 19.00 a 22.00 horas!! Pasaremos lista!!

No hay comentarios: