Enxeñería Sen Fronteiras denuncia o ataque nos campamentos de refuxiados saharauis e solidarízase coas persoas cooperantes secuestradas.
Fronte ao secuestro dos tres cooperantes en Rabuni, sede administrativa dos campamentos de refuxiados saharauis (Tindouf, Algeria), acontecido o pasado 22 de outubro de 2011, a Enxeñería Sen Fronteiras (ESF en adiante) denuncia e mostra a súa condena ante o ataque.
- ESF solidarízase coas tres persoas cooperantes secuestradas, coas súas familias e amigos/as, e cos compañeiros/as das organizacións: Mundubat, Asociación Extremeña de Amigos del Pueblo Saharaui e CCISPP.
- Confiamos en que as persoas retidas poidan ser liberadas de xeito rápido e seguro o antes posible, ao igual que as cooperantes de Médicos Sin Fronteras, secuestradas en Dabaad. Tamén solicitamos aos medios de comunicación que actúen coa máxima responsabilidade e prudencia para garantir a seguridade das persoas retidas.
- Nestes momentos, non queremos que caia no esquecemento o gran traballo que as persoas secuestradas e o resto de cooperantes realizan nos campamentos de refuxiados Saharauis. Este traballo ten a súa base na esperanza de que o conflito do Sahara Occidental acade unha solución o máis preto posible no tempo, para que a súa presenza alí deixe de ter sentido e os máis de 35 anos nos que a poboación saharaui viviu como refuxiada en medio do deserto cheguen ao seu fin.
- Tamén queremos destacar a boa acollida que o pobo saharaui sempre tivo cara os/as cooperantes de todas as ONGD que desenvolven o seu traballo nos campamentos, así como a colaboración e protección levada a cabo pola Autoridade Saharaui para facilitar os traballos de cooperación internacional co pobo saharaui.
- Dende ESF levamos anos traballando en diferentes proxectos nos campamentos de refuxiados saharauis. Ao mesmo tempo que realizamos accións de sensibilización e incidencia no noso territorio para dar a coñecer esta situación entre a sociedade e, sobor de todo, estamos e seguiremos estando, comprometidos coa búsqueda dunha solución para este conflito.
- Ademáis, facémonos eco do chamamento á precaución e prudencia que se está a facer nos campamentos para non entorpecer a labor dos gobernos saharaui e español.
Dende ESF unímonos aos comunicados da Coordinadora de ONG para el Desarrollo en España e daCoordinadora Estatal de Asociaciones de Solidaridad con el Sáhara (CEAS-SÁHARA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario