24 nov 2011

Charla PCR en Compostela


Este luns 28 en Compostela, na aula 7 na ETSE despois da reunión de sede, sobre as 20:45 Alicia dará a súa primeira charla PCR (proxecto de coñecemento da realidade) recén chegada de Honduras.

O que se pretende con esta formación, é que a xente máis nova poida ver cómo Alicia colaborou nun proxecto no Sur, neste caso en Honduras e dar a conocer a experiencia PCR e, por outro, os membros máis curtidos de TODOS os grupos da sede, a través da exposición das distintas actividades e material que alí recolleu vexan cómo poden incorporar esta experiencia (material, etc) nas actividades do grupo e incluso traballar de forma coordinada. Aderezado con boas fotos e unha gran dose de entusiasmo...

E o martes repetirá ás 9 da mañá na Fundación Caixa Galicia na Plaza Cervantes dentro das xornadas de Axuda Humanitaria e Cooperación da asociación MEIGA onde ESF tamén falará dos actores da cooperación e algúns exemplos de proxectos de cooperación que non sairon moi ben...

Estades todxs convidadxs!

No hay comentarios: