31 ene 2012

Obradoiro Xuntanza Novembro 2011: Reflexionando sobre a Educación


Na segunda parte dos obradoiros da Xuntanza, promoveuse a reflexión sobre o que decimos que facemos e o que realmente estamos facendo, sería como avaliar o mítico "sentir-pensar-facer".


Ao igual que o primeiro obradoiro, divideuse por grupos e analizáronse as distintas definicións que existen na nova Planificación Estratéxica relacionados cas nosas áreas de traballo (proxectos de cooperación internacional, educación e sensibilización). Cada grupo debería analizar si realmente cree que ESF está facendo o que conta a nosa planificación estratéxica para despois crear debate. Estas foron as conclusións que se recolleron neste exercicio:


EDUCACIÓN

Educación para o Desenvolvemento (EpD): Proceso educativo constante que favorece a comprensión sobre as interrelacións económicas, políticas, sociais e culturais entre Norte e Sur, que promove unha conciencia crítica, así como valores e actitudes relacionados coa solidariedade e a xustiza social e busca vías de acción para alcanzar un desenvolvemento humano e sostible. Parte dunha análise en profundidade, que cuestiona o modelo de desenvolvemento e promove accións para o cambio a nivel individual, local e global a medio e largo prazo.

Atopáronse as seguintes limitacións do concepto:

- Os procesos educativos que se están promovendo en ESF non son constantes. Acábanse convertendo en procesos breves no tempo (un curso de unha semana, un par de fins de semanas, asignatura dun cuatrimestre).
- Realmente a "educación" que se realiza é máis sensibilización. Por outra banda, o voluntariado en sí mismo é o proceso máis claro que se fai en ESF de Educación para o Desenvolvemento, coincide plenamente ca definición.
- Fanse breves actuacións de Educación para o desenvolvemento, pero análise en profundidade previa e posterior (especialmente a previa) é moi escasa.
- Non sabemos exactamente o impacto que teñen as actividades de ESF en sensibilización e educación nas persoas. (en parte porque non se fai unha evaluación posterior en profundidade)

No posterior debate xurdiron as seguintes propostas:

- Facer un análise previo para enfocar as actividades a uns obxectivos concretos (acordes coa nosa Planificación Estratéxica).
- Facer un análise posterior máis profundo. (a maiores da avaliación que cubren os asistentes que sí que se está a facer).
- Procesos educativos máis longos. Facendo por exemplo, cursos continuación de outros cursos, asignaturas en varios cursos...
- Intentar introducir temas de cooperación para o desenvolvemento de maneira transversal en diferentes asignaturas de distintos cursos do ámbito universitario.

Algo máis que engadir?

No hay comentarios: