Do 20 ao 24 de marzo
FORO INTERNACIONAL DA AUGA
Galicia acolle un encontro Norte-Sur que reunirá a máis dunha ducia de organizacións de todo o mundo
As cidades de Coruña, Santiago e Vigo serán os escenarios dunha semana de debate e reflexión sobre o dereito á auga
QUE? O Foro Internacional da Auga (FIA) xurde coa vontade de ser un espazo de encontro Norte - Sur no que se debata e reflexione sobre as distintas vertentes que engloban ao Dereito Humano á Auga.
QUEN? Enxeñería sen Fronteiras
é a ONGD encargada de organizar este evento, pero sen dúbida o protagonismo recae nas entidades que nos acompañan neste Foro, aportando os seus discursos, reflexións e boas prácticas. Neste encontro Norte Sur contaremos coa presenza de catro organizacións de América Central e máis de dez entidades de Galicia e do resto do Estado que traballan directamente co tema da xestión do recurso hídrico. O evento se realiza co apoio financeiro de Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Axencia Española de Cooperación Internacional.

COMO? Ao concibirse como espazo de debate e reflexión colectiva o FIA organízase en sesións temáticas de carácter expositivo e participativo nas que se abordarán aspectos como o conflito da auga en Galicia, modelos de xestión, xénero e auga ou a privatización deste recurso en Centroamérica.
ONDE E CANDO?
Días 20 e 21: A Coruña. Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Campus de Elviña.
Días 22 e 23: Santiago de Compostela. Aula 6 da Escola Técnica Superior de Enxeñería. Campus Vida (Sur) da USC.
Día 24: Vigo. Salón de Actos da Galería de Sargadelos. Rúa Urzaiz, 17.
POR QUE?
- Porque o acceso á auga é un dereito básico e universal segundo a Observación Xeral número 15 do Consello Económico e Social das Nacións Unidas.
- Porque a Organización Mundial do Comercio non declarou a auga coma un dereito fundamental, senón coma un ben privado.
- Porque hoxe en día 1100 millóns de persoas non teñen acceso a auga potable e 2600 millóns non dispoñen de saneamento sustentable.
- Porque a auga é un ben común que non pode estar ao servizo dos intereses económicos das empresas, senón que debe estar ao servizo de todos e de todas.
- Pero, sobre todo, celebramos o Foro Internacional da Auga porque hai alternativas, porque hai colectivos que están a impulsar iniciativas exitosas que permiten entender a auga como un dereito humano.
PARTICIPA!
- Todas as sesións son de libre acceso.
- Cubre este formulario para participar de público. Inscripción gratuita.
A AUGA É NOSA: UN DEREITO, NON UNHA MERCANCÍA
Contactos:
Guillermo Alberto Castro Botello: Coordinador do FIA.
guillermoalbertobotello@gmail.com
Alicia López Fariña: Responsable de prensa do FIA.
alicia.lopez.farinha@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario