7 jul. 2012

E seguimos a traballar pola Soberanía Alimentaria

Despois de terse aprobado o posicionamiento de ESF Galicia en Soberanía Alimentaria na Asemblea Xeral en novembro do ano pasado, e do I Curso de Desenvolvemento Rural, Comercio Xusto e Soberanía Alimentaria, que os compañeiros de Lugo organizaron tamén o pasado ano  con gran éxito de asistencia, no 2012 seguimos a traballar pola Soberanía Alimentaria...

NO NORTE
 
Dentro do Ciclo de Cine: "Realidades sen ficción" realizado en Compostela o pasado mes de maio, adicouse unha xornada á Soberanía Alimentaria, cunha charla introdutoria e a proxección do documental "Nosotros alimentamos el mundo".




Ademáis, a sede de Lugo segue a xerar iniciativas. Desta volta atrévense co proxecto dunha horta urbana para o próximo curso 2012/2013, en colaboración coa Escola Politécnica Superior de Lugo, Ibader e a Asociación estudiantil Aenda. Neste momento están na procura de terreo para a horta e composteiro.

E desde o grupo Agro ampliamos a base de datos de recursos relacionados coa SbA na ESF wiki, que intentaremos manter actualizada con novos materiais e links. Nesta base de datos podedes atopar diversas lecturas, documentais, e webs para ampliar os vosos coñecementos sobre o sistema agroalimentario actual, o cambio climático, o acaparamento de terras, organismos xenéticamente modificados, agroecoloxía, e outras moitas temáticas englobadas no concepto de Soberanía Alimentaria. 

E NO SUR

Coa Fase I do proxecto "Fortalecemento da soberanía alimentaria e do uso racional dos recursos naturais en 10 comunidades da microcunca Quebrada Gallardo, municipio de Namasigüe, departamento de Choluteca, Honduras" a piques de rematar, e co comezo inminente da Fase II, no que ESF Galicia colabora coa coparte local CODDEFFAGOLF, preténdese fortalecer e diversificar os sistemas de produción familiar, con énfase no uso racional dos recursos naturais, de 150 familias da microcunca. 


Algunha das actividades incluídas nesta Fase II do proxecto son: a instalación de microsistemas de rego por goteo para estimular a produción, a introdución de cultivos non tradicionais e material vexetativo, a introdución de produtos orgánicos (lombrihumus, insecticidas naturais) e o establecemento dun banco comunitario para a selección e conservación de semente criolla.
(Máis información no blogue ESF Honduras)

Manterémosvos informad@s das novas actividades de ESF pola SbA...

3 comentarios:

Roberto dijo...

Seguimos! Grande Cris! E pronto haberá novidades! :D

Anxo dijo...

Moi boa escolma, pois a modiño imos dado pasos

alicia dijo...

Xenial resumo!! E os enlaces son todos de moita utilidade! Por certo, no ciclo de cine o documental escollido foi "Nosotros alimentamos el mundo" onde se ve clarísimamente como nos nosos países temos cuberta a seguridade alimentaria sen ningún tipo de soberanía.