O pasado día 30 de xullo fixemos
chegar a Pilar Romero, Subdirectora Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, a placa de agradecemento que o noso socio hondureño Alcaldía de Marcovia nos
encomendara entregarlles como agradecemento ao seu apoio na
financiación de diversos proxectos, neste caso concretamente do
Proxecto de abastecemento e saneamento aos caseríos de Las Lajas e El Zapotillo no municipio de Marcovia que tivo lugar entre
2009 e 2010. Ademais de facer de transmisores deste agradecemento tanto da poboación participante destas aldeas como da propia alcaldía, aproveitamos para agradecer tamén en nome de ESF o
aporte ao resto dos proxectos e insistir na importancia desta
financiación descentralizada galega como mostra da vontade dos
galegos de que a cooperación para o desenvolvemento siga sendo unha
política pública en Galicia.
Á esquerda Pilar Romero (Subdirectora Xeral de Cooperación Exterior) coa placa, no medio Jorge López (coordinador do Grupo de Programas Internacionais de Auga e Saneamento de ESF Galicia) e a dereita Chelo Revilla (Vogal de Voluntariado da Xunta Directiva de ESF)
No hay comentarios:
Publicar un comentario