10 nov. 2012

Charla de EPD, dentro do curso de Voluntariado en Lugo

Boas compañeir@s, este ano como nos últimos, invitaronnos a impartir a charla de "Educación para o Desenvolvemento", dentro do curso de voluntariado da USC, igual que na sede de Santiago de Compostela.
Nós como sempre tiramos de Santiago (témolos explotados), o primeiro problema superámolo, collimos a presentación mellorada de Santiago e plaxiamola, recordamos o revolucionario formato Prezi: Presentación prezi EpD



Xa tiñamos presentación, agora so fai faia ponentes, nos como somos unha sede planificadora e ben estructurada, reunimonos a mesma semana do curso para planificala, estabamos reunidos na sede Tomás Bande, María López, María Velasco e Anxo González (servidor); tomando a presentación de modelo intentamos darlle o noso toque, como tiñamos uns 20 oíntes, en principio, logo foron 12; dividimonos en partes e intentamos que fora moi dinámico, intentar dar so un par de conceptos e conseguir involucrar o alumnado dentro da ponencia.
Comezamos co mapa de Peters e unha dinámica entre tod@s, para que @s alumn@s despertaran, era un domingo as 9:30 da maña, este menester tocoume a mín, porque teño unha voz suave e enxelical, jijijiji.
Logo dimos unha leve introducción histórica e proxectamos un vídeo. Xa era hora de tomar o café, recordo, era domingo pola maña.
Para comezar, outra dinámica para facer grupo de traballo, dentro de esos grupos de traballo presentamos conceptos para que reflexionaramos. Por certo, María Velasco é unha fenómena facéndose a naúfraga, moi divertido.


Traballamos neses conceptos e saíron conclusión moi boas, logo chegou o turno de Tomás, que nese batiburrillo, definiu eses conceptos dende a nosa perspectiva, pero tendo sempre en conta as opinións dos grupos, sempre tan conmedido, "como tod@s o coñecemos".



Xa ía sendo hora de ir cerrando bloques, tomou o testigo María López, explicounos as diferentes partes da EPD, fixoa a súa primeira ponencia dentro de ISF, e con moita frescura e soltura, para nós "é máis mellor".
Gracias a unha proposta de María Velasco introducimos outra dinámica, entregamos a mesma noticia pero de diferentes fontes (periódicos), e fixemos un coloquio, María levouno genial participou todo o mundo e pensamos que calamos no alumnado.


Como sobrounos un pouquiño de tempo, deixamos que elixira o alumnado o que desexaban facer, decidiron que lle contara a miña experiencia en Nicaragua, viron as fotos na presentación e chamoulles a atención,  explicando esta experiencia rematouse outra edición deste curso.
Dentro da sede estamos moi contentos, saíu moi ben, as novas voluntarias fano genial, teñen gañas, coñecementos e sobretodo motivación. Co cal, creo que en breves volveredes ter noticias dende Lugo.
Agora mesmo xa está a puntiño as "II Xornadas de Soberanía Alimentaria".
Un saúdo

2 comentarios:

Chelo dijo...

jajaja aquí se nota el estilo angelical! Gracias grupillo! Como diría Sabela, sois guays :)

Gonzalina. dijo...

Cabe dicir que era un sábado e estabamos igualmente frescos coma leitugas haha. Foi moi boa a sesión, sinceramente facedes unha labor moi interesante na que me gustaría participar en canto poida! Un saúdo a todos!!