O grupo de comunicación de ESF Galicia colle a caravana esta fin de semana para
desprazarse pola xeografía galega co obxectivo de levar as gafas
comunicativas aos grupos de Santiago e de Vigo de ESF. Nestas cidades, celebraranse dous obradoiros centrados nas
diferentes temáticas relacionadas coa comunicación para o cambio social.
Os dous obradoiros serán complementarios, e neles se traballará a parte activa
de todo proceso comunicativo: a creación de mensaxes.
Venres 21 de decembro, Santiago de Compostela
A que hora? De 16:30 a 20:30
Onde? Na Aula 6 da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE), no Campus Vida
Que imos facer?
1) Introdución. Liñamentos estratéxicos de comunicación. Que tipo de comunicación decidimos facer?
2) A comunicación, redes sociais e creatividade
3) Mans á obra. Fagamos algo que poidamos tocar, ver e oir. A Guerrilla de Comunicación. Contracomuniquemos!
4) Remate. Cuestións, preguntar e avaliación.
TRAEDE REVISTAS E XORNAIS!
Sábado 22 de decembro, Vigo
A que hora? 16h
Onde? Galería Sargadelos
Que imos facer?
TRAEDE GAÑAS!
1) Presentación do obradoiro. Caravana Comunicativa e Cadaver Exquisito (Compostela)
2) Diferenzas entre comunicación e información.
3) Xoguemos coa linguaxe. Malabares coas palabras.
4) Creación colectiva de mensaxes
5) Despedida da caravana
No hay comentarios:
Publicar un comentario