24 mar 2013

O cadáver exquisito esfeiro

A primeira viaxe da Caravana Comunicativa de ESF chegou ao seu fin tras dous meses de rodaxe! A itinerante idea construíuse co fin de traballar a comunicación para o cambio social dende múltiples e variadas perspectivas (con imaxes, debates, palabras, termos e imaxinación) e a través da reflexión, do diálogo, da participación, do debate e da posta en común.

Todo isto plasmouse en materiais realizados por todas as persoas participantes. O obxectivo final de cada obradoiro (complementarios entre si) era a creación de recursos comunicativos relacionados co tema específico traballado en cada sesión. Deste xeito, o obxectivo final da caravana foi a creación entre todos e todas dun cadáver exquisito. Este termo, aínda que de primeiras poida resultar un tanto descoñecido, constitúe unha figura literaria, moi empregada no Surrealismo, e que consiste en encaixar colectivamente un conxunto de palabras ou imaxes sen ver o que se engadiu antes. E desta colaboración conxunta e creativa xurdiu o cadáver exquisito esfeiro.

A primeira parada desta ruta comunicativa tivo lugar en Santiago de Compostela. Neste obradoiro traballamos a contrapublicidade e a contracomunicación. A grandes trazos, poderiamos definir estes termos como “outro xeito de ver e facer comunicación”. A contrapublicidade é un movemento crítico que a través de métodos e técnicas publicitarias tenta darle a volta ás mensaxes consumistas. E a contracomunicación é un movemento, tamén crítico, que traballa por modificar os discursos dominantes e da non cuestionabilidade. Tras ver algún exemplos, este foi o anuncio contracomunicativo, e a primeira parte do cadáver exquisito, que se elaborou en Santiago de Compostela.



Parte primeira de Despedir aos ricos e ricas, tomádevos un descanso!
Parte segunda de Despedir aos ricos e ricas, buscade un Plan B

Continuamos camiño e sen case deternos chegamos a Vigo, onde fixemos malabares coas palabras. Traballamos arredor das greguerías, da invención de frases xurdidas doutras palabras e das posibilidades da linguaxe. Tras un breve repaso pola evolución da Comunicación para o Desenvolvemento e reflexionar sobre as diferenzas entre comunicación e información comezamos a traballar a potencia que gardan as palabras. Rompendo as nosas propias estruturas mentais e cun pouco de imaxinación saíron novas verbas e novas construcións tan estupendas coma estas. Xa tiñamos a segunda parte do cadáver exquisito.

Greguerías viguesas: "Cooperar é facer ciruxía entre varios"

E finalmente, fomos a parar coa nosa caravana en Lugo, onde traballamos, máis que coas palabras, con termos e conceptos relacionados coa cooperación. A través dun sinxelo exercicio arredor dalgúns dos conceptos da linguaxe da cooperación, puidemos comprobar como unha mesma palabra pode ter significación e connotacións distintas segundo a persoa. Resultaba fundamental traballar os termos cooperativos e reflexionar acerca dos seus significamos, posto que somos as persoas as que lle damos o significado final ás verbas. Así, finalizamos o cadáver exquisito, creando as nosas propias definicións.

Diccionario lugués: a dificultade de definir conceptos complexos

A caravana comunicativa en Lugo

O cadáver exquisito foi un proceso moi divertido que evidenciou que existen outras maneiras de comunicar, que a comunicación pode e debe favorecer ao cambio social e que todas as persoas somos creativas e capaces de elixir unha ruta comunicativa alternativa, unha comunicación para a transformación.

E tanto a Alba coma a min só nos queda agradecer a todas as persoas que asistiron a esta caravana comunicativa a súa participación, e as gañas e ilusión que transmitiron ao longo dos obradoiros. 

Graciñas!!!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Qué entrada más bonita! Me ha gustado ver los resultados de la caravana comunicativa por las sedes de ESF :)

Víctor dijo...

Genial la caravana comunicativa!!

tomás dijo...

Enhorabuena compañeiras!

Sergio dijo...

Me encanta la manera que habéis tenido de promover la culturilla comunicativa en la asociación. A seguir!!!

alicia dijo...

Graciñas!! Teño o cadáver gardadiño na casa :)

Alba Miranda dijo...

Gracias a todas e a todos os que participáchedes! Foi estupendo!