15 abr 2013

Ordenación territorial: ferramenta de xusticia social e ambiental?


O outro día contamos o conto de Villaarriba e Villaabajo e quedounos un sabor agri-doce. Falábamos na moralexa de algo ao que chamamos ordenación territorial.
A ordenación territorial é un eixo clave de traballo de ESF, xa que se se aplican as metodoloxías axeitadas é unha ferramenta de gran importancia para a concreción de políticas de desenvolvemento no territorio que teñan carácter participativo e promovan a sustentabilidade ambiental e a equidade socio-económica. Trabállase en xeral con plans de ordenación territorial con enfoque de cunca ou microcunca hidrográfica, xa que na zona centroamericana é a unidade máis homoxénea no que ten que ver con características xeofísicas e é a máis indicada cando unha problemática importante (como soe ser habitual) é o acceso ao auga. Ademais se fai cun obxectivo de fortalecemento das capacidades das institucións locais que deben coordinarse para supervisar este proceso de planificación e posterior xestión da terra e o territorio.

Faise primeiramente unha diagnose de todo o territorio da cunca para identificar potencialidades e problemáticas do estado ambiental, social e económico do territorio. Para esa diagnose empréganse diversas técnicas como levantamento de información nas comunidades a través de obradoiros, entrevistas ou ferramentas de diagnose participativa, 


 ...entrevistas ou ferramentas de diagnose participativa

recompilación de información cartográfica variada e creación de nova cartografía (empregando para iso levantamento con GPS para puntos de interese e sistemas de información xeográfica preferentemente baseados no software libre). 

 ...puntos de interese e sistemas de información xeográfica preferentemente baseados no software libre

Así se consegue unha "fotografía" da situación actual do territorio e tamén a evolución que tivo para chegar ao estado actual.

Posteriormente, baseándose na diagnose, se constrúe participativamente a distintos niveis (nas comunidades ou aldeas, con asociacións da zona e coas institucións que teñen competencias na xestión de diversos eidos do territorio) o escenario da "cunca soñada", consensuando un modelo territorial desexado integrado nas políticas de desenvolvemento rexional e suprarexional, pero tendo en conta as especificidades máis locais e as necesidades da poboación (que é ao final quen vive no territorio).


...o escenario da "cunca soñada"
 
Para poder pasar desa "foto actual"  dada pola diagnose ao "escenario soñado" é necesario propoñer (tamén de xeito participativo) unha serie de eixos estratéxicos e actividades a desenvolver nos anos de vixencia do plan (3-4, que logo se vai revisando, xa que a utopía do escenario soñado pode cambiar e vaise movendo, co que sempre hai que "ila perseguindo"...). Esas actividades se recollen nun cronograma e se deben priorizar segundo o diagnosticado (xa que é moi probable que os recursos dispoñibles non permitan facer todo o que se querería), e deben estar enmarcadas nun marco normativo específico que se crea para as distintas zonas do territorio segundo o seu mellor uso potencial, competencia por demanda de uso dos recursos do territorio e problemas detectados (cunha tendencia a protexer por exemplo as zonas altas da cunca onde soe haber áreas boscosas onde se recargan os acuíferos ou que reteñen a terra fértil, ou regulando as prácticas agrícolas nas ladeiras, todo o cal logo se concretará nos Plans de Manexo de Finca de cada familia, ferramenta que comentaremos outro día porque é a que concreta no día a día e a pequena escala moitas das boas prácticas que se promoven no Plan de Ordenación Territorial). 

 
...e se deben priorizar segundo o diagnosticado...

 
 ...distintas zonas do territorio segundo o seu mellor uso potencial, competencia por demanda de uso dos recursos do territorio e problemas detectados

É imprescindible difundir a versión final do plan entre a poboación e institucións para que coñezan a respeten o acordado, a través de documentos facilmente comprensibles e o vínculo a campañas de sensibilización sobre as problemáticas máis importantes detectadas.

 

















...vínculo a campañas de sensibilización sobre as problemáticas máis importantes detectadas

No hay comentarios: