3 abr 2013

Resumo blogueiro: marzal 2013

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa 
  • Blogue Honduras 
  • Enlaces de interese 
  • Publicacións en físico 
  • E no próximo mes ... 
  • A ESFrase do mes

BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

Comezábamos marzal anunciando as charlas de presentación de ESF en Lugo, o obradoiro de gasolina caseira en Compostela e o programa detallado da Xuntanza da base social esfeira para celebrar o XX aniversario, como preludios a un mes intenso. Tamén se pode escoitar a entrevista que lle fixeron na radio galega a José María Vara (un dos fundadores da asociación aló por maio de 1993 e a quen fixemos presidente honorífico da asociación nos actos do XX aniversario). Se che interesa saber os temas que se estiveron a tratar en febreiro en "Xunta Divertida", hai un bo resumo nunha das entradas e, noutra, aparece o programa da interesantísima xornada do 6 de abril de autocrítica "Claros e Escuros da Cooperación Internacional" que se organiza con Arela e a CGONGD. O día mundial da auga quixemos facernos eco do manifesto da Rede Auga Pública cun chamamento a sinatura da Iniciativa Cidadá Europea que promove o recoñecemento do Dereito Humano á Auga e ao Saneamento. Remata o mes con dúas crónicas excepcionais, a da Caravana Comunicativa que visitou as sedes de Lugo, Vigo e Compostela, e a do obradoiro de gasolina caseira.




BLOGUE HONDURAS

Durante o mes de marzal publicouse no blogue que recolle o día a día de ESF en Honduras, unha táboa resumo dos proxectos do grupo de desenvolvemento rural levados a cabo dende 2001 (en Nicaragua) até a actualidade (en Honduras). Por outra banda, dende o grupo auga nos contan con numerosas fotos como se está a levar a cabo o proceso de levantamento de información en terreo para o proxecto de Monjarás financiado polo Fondo Galego de Cooperación. Tamén se pode ler a primeira parte da crónica da II Feria de Manejo Comunitario del Agua y Saneamiento, que tivo lugar en Nicaragua a fináis de marzal e á que asistiron persoas de ESF Galicia e dos nosos socios en Honduras: Alcaldía de Marcovia e CODDEFFAGOLF



ENLACES DE INTERESE

Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural



Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado







PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións disponibles xa catalogadas

Este mes:
  • Guía de criterios ambientais para unha cooperación sustentable. Amigos da Terra. 31 páxinas.



E NO PRÓXIMO MES ...


Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD




A ESF-RASE DO MES

A caridade é humillante porque se exerce verticalmente e desde arriba; a solidariedade é horizontal e implica respecto mutuo.
Eduardo Galeano






No hay comentarios: