13 may 2013

Xornada Claros e Escuros da Cooperación: conclusións a modo de nube


A interesante xornada sobre Claros e Escuros da Cooperación Internacional de hai un mes, ademais de debates, experiencias e relatorios (aquí está por exemplo o que fixo Miquel Carrillo sobre "Efectos e Consecuencias da cooperación internacional, unha análise global"), deixounos unha batería de palabras e expresións clave que as persoas asistentes (moitas delas na súa primeira aproximación a isto da cooperación) compartiron ao final da xornada para poder iluminar eses escuros:




Rebeldía
Formación
Espírito Crítico
Reivindicación
Compromiso
Implicación
Corresponsabilidade
Loita pola dignidade da persoa
Decrecemento
Irmandade
Coherencia
Consumo Responsable
Sostenibilidade
Desobediencia
Asertividade
Asociacionismo
Voluntariado
Juntos Podemos
Transformación
Transformación Persoal
Autoxestión
Empoderamento
Repolitizar
Tecendo Redes
As reducións de Paraguai terían algo que aportar hoxe á cooperación ao desenvolvemento?
Humanización colectiva

Estas conclusións xeneraron unha nube moi bonita que aparece a continuación:

CON ISTO NOS QUEDAMOS E SEGUIMOS TRABALLANDO PARA INCORPORALAS NO DÍA A DÍA. GRAZAS POR PARTICIPAR!! 
Grazas tamén á Coordinadora Galega de ONGD pola difusión, a Arela por co-organizar con nós as xornadas e a Panxea por ocuparse da dinamización das xornadas infantís. Esta Xornada non podería terse desenvolto sen o voso apoio!

 

1 comentario:

Sergio dijo...

Moi interesantes as xornadas, grazas ás persoas que curraron tanto na organización!! (e molou que houbera posibilidade de coidado de nenos e nenas, hai que facer isto máis a miúdo!!). Aquí deixo unhas valoracións! http://acovadameiga.net/2013/06/02/reflexions-tras-a-xornada-de-claros-e-escuros-da-cooperacion/