Por outra banda, xa se poden ver as contas auditadas de 2012 e a memoria de actividades 2011-12.
CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes ...
- A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA
ASOCIATIVA
No mes de setembro puidemos ler a crónica da visita de Harmhel Dalla Torre, da Asociación La Cuculmeca (Nicaragua) para falarnos dunha temática na que existen grandes
paralelismos entre o que está a ocorrer no seu país e en Galicia: o auxe
da minaría metálica. Harmhel tamén falou doutras
"megaconstrucións" proxectadas para Latinoamérica - os canais
interoceánicos- vendidos como "motores de desenvolvemento" pero que ao
final soen ser
motores de desenvolvemento de pouc@s a costa de enormes impactos
sociais e ambientais. Arrancando o novo curso, o grupo de EpD de Compos
compartiu connosco os seus preparativos para a intervención no curso de
Voluntariado da USC, así como as súas impresións posteriores.
As 80 persoas que asistiron ao curso debatiron moi participativamente
sobre a educación, é bancaria ou transformadora?
e o voluntariado ESFeiro quedou satisfeito de terlles "axitado" un
pouco (pensamento crítico - xa que ''axitación'' ou ''cambio'' en grego
dise ''crise'') .BLOGUE HONDURAS
Durante este mes, da man dos PCRs
en Honduras achegámonos a diferentes eventos que tiveron lugar
“do
outro lado do charco”:
-
O I Foro de Intercambio de Experiencias de Mujeres líderes onde participaron mulleres como María, Teresa, Fática e Raquel que se adican ao sector da pesca artesanal no golfo de Fonseca e nos contan a súa experiencia.
-
A capacitación en agricultura orgánica no Centro Experimental Naranjo Chino. Durante a formación, á que asistiron membros de CODDEFFAGOLF, houbo unha parte práctica de elaboración de abono, insecticida e funxicida orgánicos así como a instalación dun sistema de rego por goteo. O tema de elaboración de abono orgánico tamén se recolle noutra entrada do blogue xa que forma parte das tecnoloxías apropiadas en temática de soberanía alimentaria.
Por outra banda continúa o
fortalecemento
técnico na Alcaldía de Marcovia como parte do proxecto
co Fondo Galego.
Dentro
deste contexto contexto impartíronse capacitacións en gSIG,
gvSIG-Fonsagua
(pola UNAH), software
libre e
ofimática (por unha das persoas participantes no Programa de
Coñecemento da Realidade). Ademais outras actividades que se
está a
facer son as fumigacións para eliminar o mosquito que
transmite o
dengue, que cría en zonas de auga estancada.
Finalmente, nos vos perdades o
relato
de Daniel acerca da súa esperada estancia
nas
comunidades.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- Casi 2 millones de personas exigen que no se liberalice el suministro del agua
- ¿Por qué los impuestos locales mejoran la calidad de los proyectos?
- Libro El monitoreo social del derecho humano al agua y saneamiento. 169 páxinas.
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
- Guía para o descenso enerxético. Un libro para unha revolución urxente
- Podemos vestir con roupa sen traballo escravo?
- El consumo de Comercio Justo creció un 6% en 2012 en España hasta alcanzar los 28 millones de euros (xa te apontaches a el)?
- Atrás da pantalla hai unha mina
Cooperación e ONGD
- Con la política de cooperación más debilitada que nunca, pocas razones para la celebración del Día del Cooperante
- Rajoy en la ONU: alardear de cooperación española para lograr un asiento en el Consejo de Seguridad
- Continúan los recortes en la maltratada política de cooperación
Educación para o desenvolvemento
- Cartografías das resistencias: transformacións da praxe política ou as revoltas globais
- DESTACADO. A
Xunta non incorpora ningunha das alegacións presentadas
pola Coordinadora á lei do sistema universitario
Iniciativas
- Electronics Watch. Por la mejora de las condiciones laborales en la industria electrónica global
- Plataforma por un nuevo modelo energético
- O berro polo Monte Pindo voa desde terras arrasadas cara a Compostela
Investigación para o desenvolvemento
- DESTACADO Proxecto PCI gvSIG Fonsagua do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UDC
- Informe. La trampa de la austeridad. El verdadero coste de la desigualdad en Europa. INTERMON OXFAM
Mundo
- La identificación de ocho saharauis víctimas de la represión acaba con décadas de silencio
- Palacios de tierra
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Transparencia contra la pobreza
- 25 millones de europeos más se verán sumidos en la pobreza en 2025 si las medidas de austeridad continúan
- "La movilidad que disgusta", buen título de La Opinión para las actitudes de "ahora sí, ahora no" que se están sucediendo en la movilidad coruñesa
Sensibilización
- El mantra del "todos son iguales": indefensión aprendida, fatalismo y disonancia cognitiva
- Decálogo Robin Hood: diez cosas que puedes hacer hoy mismo para reducir el abismo entre ricos y pobres (I)
- O "acoso" aos movementos sociais galegos que non se detén
- ´El Dorado´ de Corcoesto (minaría en Galicia)
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- As nosas sementes, o noso futuro
- A produção de alimentos vista do espaço
- Guía de produtoras ecolóxicas de venda directa en Galicia de Amigos da Terra
- A historia non se repite, fai rimas
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- O ecoloxismo galego pide á Cámara que prohíba o cianuro na minería
- DOCUMENTAL. Oligopoly2. El imperio eléctrico contra todxs. 46min 39seg. Segunda parte (no oficial) del programa emitido por Salvados.
- http://www.appropedia.org/ Wiki con soluciones de colaboración en la sostenibilidad , la tecnología apropiada y la reducción de la pobreza
Voluntariado
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Xogo de cartas didáctico sobre tipos de enerxía. The University of Manchester Energy Database
E
NO PRÓXIMO MES ...
- 2 de outubro: Día Internacional da Non Violencia
- 3-4 de outubro: III
Foro sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e
voluntariado en Santiago de Compostela.
- 3 de outubro: Día mundial contra os DRM (Digital Rights Management, ou Xestión dos Dereitos Dixitais)
- 4 de outubro: Día do Animal
- 9 de outubro (segundo mércores de outubro): Día Internacional para a Reducción dos Desastres Natura¡s
- 14-17 de outubro: SEMANA CONTRA A POBREZA. O 16 ás 10h no vestíbulo da Escola de Camiños en A Coruña haberá un photocall onde as persoas poderán fotografiarse con mensaxes alusivas a erradicación da pobreza para logo compartir a foto nas redes sociais.
- 15 de outubro: Día Mundial das Mulleres Rurais
- 16 de outubro: Día Mundial da Alimentación
- 16 de outubro: reunión de ESF Galicia coa Subdirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia para, xunto con Ely (membro de CODDEFFAGOLF que participa no programa formativo para o proxecto de mellora participativa de sementes) e o director da Misión Biolóxica de Galicia, explicar polo miúdo en que consiste ese proxecto.
- 17 de outubro: Día Internacional para a Erradicación da Pobreza
- 24 de outubro: Día Mundial da Información sobre o Desenvolvemento
- 24 de outubro: Día das Nacións Unidas
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Non existiu nunca unha guerra boa ou unha paz mala.Benjamin Franklin
No hay comentarios:
Publicar un comentario