El maestro Flaig se quedó junto a la tumba acompañando al padre de Hans y a la vieja Ana, que lloraba sin cesar.
-Sí, Herr Giebenrath -dijo emocionado-, yo también quería al chico.
-No lo comprendo -suspiró Giebenrath-. Era tan inteligente y todo iba tan bien, el colegio, el examen; ¡y de pronto una desgracia tras otra!
El zapatero hizo un gesto hacia las levitas que desaparecían tras la verja del cementerio.
-Ahí van unos cuantos señores -murmuró- que han ayudado a traerle hasta aquí.
-¿Cómo? - se sobrecogió Giebenrath, mirando asustado y lleno de dudas al zapatero-. Pero... ¿cómo?
-Esté usted tranquilo, señor vecino. Me refería a los profesores.
-Pero... ¿cómo dice usted eso?
-Ah, por nada. Quizá también nosotros hemos descuidado muchas cosas, ¿no cree usted eso?
H. Hesse, Bajo las ruedas.
Imaxinade por un momento unha moeda que acaba de ser acuñada e que comeza a viaxar de man en man, dun lugar a outro, mercando todo tipo de bens e aparellos. Tempo despois volta as mans daquela persoa que a acuñou e desta vez xa non é unha moeda que reluce e brilla senón que simplemente é un anaco de metal. De tanto ser usada e de tanto pasar de man en man foi perdendo o seu gravado, aquilo que lle daba valor, e agora é simplemente un pelouro metálico. Semella que as palabras, ao igual que as moedas, perden o seu valor ao seren usadas e cada certo tempo necesitan ser acuñadas de novo.
Ton Ríos cando (Re)Definía tecnoloxía apropiada comezaba sinalando que "tecnoloxía" é unha palabra baleira, sen significado algún. Posiblemente porque teña demasiados significados. Todo aquel que o desexe pode probar a buscar a palabra "tecnoloxía" en diferentes dicionarios e enciclopedias, buscádeo tamén en varios idiomas e veredes a infinidade de cousas que pode chegar a significar o puñetero termo. Unha vez que baralledes 5 ou 10 opcións probade a enfocala cara o "desenvolvemento humano" (ou o que entendades por iso) e enumerade as posibilidades.
Das múltiples posibles definicións de tecnoloxía quedémonos ca do dicionario Oxford: a tecnoloxía é a aplicación do coñecemento científico con propósitos prácticos. Buscando debullar un pouco máis a definición obtemos que Oxford define a ciencia como a actividade intelectual e práctica que abarca o estudo sistemático da estrutura e o comportamento do mundo físico e natural a través da observación e a experimentación; a súa vez, no Tractatus Logico-Philosophicus, Ludwig Wittgenstein definía o mundo como a totalidade dos feitos e non das cousas.
Recapitulando obtemos que a tecnoloxía é o resultado da aplicación da actividade intelectual que abarca o estudo dos feitos naturais e os xerados pola actividade humana.

A cantidade de feitos naturais e xerados pola actividade humana fixo que as ciencias tendesen sempre a dividirse en ramas. As primeiras clasificacións remóntanse a tempos de Aristóteles que as agrupaba en tres categorías do saber:
- Teoría, que busca a verdade das ideas. Este saber está constituído por matemáticas, física e teoloxía
- Praxis, que pretende alcanzar un saber para encamiñar a conducta cara unha acción cívica en canto a racional. Formábana a ética, a política, a economía e a retórica.
- Poiesis, un saber poético que hoxe se encadraría na creación artística, a artesanía e a produción de bens materiais.
Ciencias como as que Descartes chama sociais tameń teñen aplicación práctica, máis non estamos acostumados a identificar como tecnoloxía ao resultado da aplicación destas ciencias. Estas ciencias son as chamadas tecnoloxías brandas en contraposición as máis habituais ou duras.
- Tecnoloxías duras son ferramentas ou untensilios de traballo, técnicas enxeñeriles, estruturas físicas ou maquinaria. Esta tecnoloxía pode ser construída, modificada, reparada e mantida; habitualmente as tecnoloxías duras pódense mercar e vender.
- Tecnoloxías brandas son aquelas relacionadas cas estruturas sociais, técnicas de motivación, metodoloxías de traballo, ou procesos interactivos humanos. As estruturas e procesos para a participación social, toma de decisións e as habilidades para implantar cambios na sociedade enmarcaríanse dentro das tecnoloxías brandas.
As tecnoloxías brandas nacen de ciencias que non producen obxetos físicos ao seren aplicadas e servirían para mellorar o funcionamento das institucións e organismos, e conseguir melloras para o benestar social. Entre as tecnoloxías brandas destaca a educación (o proceso de ensinar e aprender).
O proceso educativo é unha tecnoloxía fundamental para a sociedade, e unha asociación que pretende poñer a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano non pode non ter unha postura clara frente a LOMCE porque, ao igual que lle pasou a Hans Giebenrath en Bajo las ruedas, un modelo educativo equivocado pode conducir á morte.
--
Nota: Este artigo recibiu críticas pola falta de rigor na definición de tecnoloxía. Non era obxeto deste artigo definir con exactitude ese termo, máis toda aquela persoa que desexe saber o motivo polo que se considera erróneo definir a tecnoloxía como a aplicación práctica do coñecemento científico pode consultalo no blog da Plataforma Estatal de Asociaciones del Profesorado de Tecnología.

3 comentarios:
Jo, que interesante! Teño unha dúbida (igual porque me teño que ler moitas entradas previas). Quen fixo a distinción entre tecnoloxías duras e brandas e cando o fixo? É pura cuiriosidade.
Sinceramente, non o sei.
Pero dou un dato: todas estas lerias de tecnoloxías apropiadas, intermedias e cuestionamento do uso histórico das tecnoloxías comézanse a desenvolver seriamente na Alemania postnazi.
O termo tecnoloxía apropiada é de Schumacher.
https://es.wikipedia.org/wiki/E._F._Schumacher
Certamente interesantísima entrada
Publicar un comentario