O próximo mércores 20 de novembro en Santiago de Compostela ás 19:30, Enxeñería Sen Fronteiras realizará outro dos seus exitosos obradoiros tratando de fomentar o uso de tecnoloxías axeitadas. Neste, aprenderemos a facer cosméticos naturais de maneira artesanal, sen necesidade de recurrir a engadidos químicos contaminantes. Aprenderemos en primeiro lugar como facer un protector de labios a base de mandarina, i en segundo lugar, como facer un ungüento cicatrizante, antiinflamatorio e bacterizida a base de herbas silvestres e cera de abella.
Non vos podedes perder este novo obradoiro! Realizarase na aula verde do SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria), no número 8 en Casas Reais (onde están tamén as oficinas de Relacións Exteriores no casco vello, e tamén de orientación laboral). Para asistir, non tendes mais que preinscribirvos no correo compostela@galicia.isf.es, de maneira totalmente gratuita. O curso vai dirixido a toda a comunidade universitaria, dende os estudantes ata o persoal funcionario e os profesores e investigadores, pero tamén ao resto da poboación interesada.
Este obradoiro enmárcase nun proxecto de actividades sobre tecnoloxías axeitadas coa fin de difundir a idea do desenvolvemento sostible e fomentar o pensamento crítico sobre as tecnoloxías presentes na nosa realidade cotiá. É o terceiro despois dun obradoiro sobre fornos solares caseiros (aquí tes o post onde o contamos) e doutro de biodiesel a base de aceite vexetal (pincha aquí). O obradoiro basearase na metodoloxía participativa, tratando de involucrar aos asistentes e así dinamizar a experiencia. Esperámosvos o día 20 deste mes na aula verde do SEPIU ás 19:30!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario