O pasado 20 de novembro realizouse o I
obradoiro de cosméticos naturais na aula verde de
SEPIU con unha boa acollida e unha resposta mellor da esperada.
Trátase de unha actividade enmarcada
dentro de un programa máis amplo sobre tecnoloxías axeitadas co
fin de difundir a idea do desenvolvemento
sostible e fomentar o pensamento crítico sobre as tecnoloxías
presentes na nosa realidade. Este programa está ademais cofinaciado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
O taller impartido por Susana Castro,
unha das integrantes da cooperativa Xeira Consultora e aficionada
desde fai anos á elaboración caseira de cosméticos para uso
propio, ofreceuse voluntariamente para impartir esta sesión e ensinounos como facer un protector labial e unha pomada de caléndula
con ingredientes naturais e ecolóxicos.
Un total de 21 persoas tivemos a
oportunidade de adentrarnos no mundo das herbas aromáticas e
medicinais así como a función dos aceites esenciais e vexetais para
saber un pouco máis acerca de todas as propiedades e beneficios que
supón para o organismo gracias a todos os principios activos.
Ademais nos recomendou libros
interesantes para os e as máis curiosas en profundizar en este tema.
Unha hora e media moi interesante onde
as demostracións, explicacións e a propia elaboración de estes
productos nos serviu para ver que este tipo de alternativas resulta
moi útil e beneficiosa e nos axuda a comprender como funciona unha
pequena parte da natureza e como, gracias a este tipo de iniciativas máis sositibles, podemos fomentar un consumo máis ético en este tipo de productos.
Dada a alta participación e resposta
de este obradoiro o grupo de voluntariado de EpD de Enxeñería Sen
Fronteiras seguiremos traballando en novos talleres para os vindeiros
meses.
A continuación vos deixamos con
algunhas das fotos sacadas ao longo do taller.
3 comentarios:
Moi boa entrada! Que envexa de non poder asistir :-(
Moi boa entrada! Que envexa de non poder asistir :-(
Moi boa entrada! Que envexa de non poder asistir :-(
Publicar un comentario