Nos proxectos de cooperación, a clave principal para o éxito é a colaboración e organización dos usuarios finais para facelo sostible no tempo. E aquí non poden axudar os procesadores de dobre núcleo se non a "enxañería social", a capacidade de organizar a un grupo de persoas para que, respetando as súas particularidades, participen no proxecto de forma activa e, sobre todo, responsable. Isto non é aplicable só a proxectos de cooperación, senón á sociedade en xeral. A Educación é un elemento clave aquí, e non me refiro á simple adquisición de coñecementos, senón a ensinar a traballar en equipo e a pensar no grupo. A habilidade de traballar e todas as tecnoloxías que permiten facelo son as maiores ferramentas evolutivas do ser humano, e no futuro vai ser preciso facer cada vez un uso máis intensivo dela.
Antón Román
Chega unha nova entrega dos artigos do
proxecto de Educación para o Desenvolvemento que pretende difundir o concepto de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano. Este proxecto conta co apoio de Cooperación Galega.
Neste artigo Antón Román danos a súa visión do que son as tecnoloxías apropiadas en seis simples pasos. Comeza xustificando a existencia das tecnoloxías brandas como xa se fixera nun artigo anterior. Continúa expoñendo a inherencia da tecnoloxía á natureza humana para finalizar falando da solidaridade, cooperación, xustiza e ONGD.
No hay comentarios:
Publicar un comentario