24 feb 2014

Charla de Electrónica Ética

O próximo xoves, 27 de Febreiro, persoas voluntarias da sede de Vigo, con Andrés Suárez, coordinador da sede, como poñente de cabeceira, estarán na Biblioteca de Chapela para impartir unha nova e electrizante actividade: unha charla sobre Electrónica Ética.
Introduciranse aspectos acerca das implicacións medioambientais, sociais e de dereitos humanos que se asocian co ciclo de vida dos dispositivos tecnolóxicos, para pasar a reflexionar sobre a responsabilidade que temos como persoas consumidoras e sobre algunhas alternativas ás que podemos optar.

A charla rematará cun obradoiro no que se porán en común de maneira dinámica os puntos de conflito que fosen xurdindo ao longo da charla.

Para todas aquelas persoas que anden o xoves por Vigo ou comarca (ou para quen queira achegarse a Chapela), a cita é ás 8 e media da tarde no Edificio Multiusos. Esperámosvos!

1 comentario:

Voz en off dijo...

Ten moi boa pinta