16 feb 2014

Post- biciobradoiro



Este pasado mércores 12 de febreiro celebrouse no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela(CIAC) un obradoiro de bicicleta urbana, proposta que entra dentro da campaña de obradoiros prácticos con tecnoloxías apropiadas cofinanciada pola Cooperación Galega da Xunta.

Gracias á colaboración da SociedadeCívica COMPOSCLETA, as dez persoas asistentes adentrámonos nos conceptos básicos en torno a como potenciar unha mobilidade sostible dentro do entorno urbán.
Resultou moi interesante reflexionar cal é o papel deste medio de transporte en comparación cos tradicionais, cales son as súas vantaxes, normas e consellos para unha un uso racional e responsable.
Ademais, a comparación con outros países europeos evidenciou que parte ou a maioría da nosa sociedade e das nosas cidades non están suficientemente preparadas como en outros lugares onde a bici é o vehículo preferente é a estructura da cidade xira entorno a unha maior facilidade e eficacia na mobilidade dentro dos núcleos urbáns.
Finalmente, fixemos unha mesa redonda onde analizamos e revisamos os modelos e alternativas de mobilidade dentro de Santiago e, en concreto, na Rúa de San Pedro.

Sen dúbida, foi unha reunión moi amena, cercana e con aportacións e opinións moi interesantes por parte dos asistentes.
Deixounos un bo sabor de boca para continuar esta andaina sobre dúas rodas.

A continuación, mostramos unhas fotiños da charla!









No hay comentarios: