5 abr 2014

Resumo blogueiro: marzal 2014


CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    No mes de marzo podes coñecer as persoas seleccionadas este ano para "coñecer a realidade" coas nosas socias de Honduras. Ademais podes ler no blogue de vida asociativa anuncios sobre actividades de ESF: os encontros "Proxecto Coñecemento da Realidade" en Lugo, as xornadas galegas da auga en Compostela e unha nova charla de electrónica ética en Vigo. Desta última e doutras actividades electro-sensibilizadoras podes ler xa a crónica, así como do obradoiro de enerxía de Compostela. Así mesmo, recordamos no blogue os días deste mes que sería mellor non ter que recordar: un debate polo día da muller, o día mundial da auga e o día mundial da loita labrega. Por último, informamos sobre dúas noticias internacionais de actualidade: as eleccións en El Salvador e o tratado de libre comercio entre a UE e EEUU




BLOGUE HONDURAS

    Durante o mes de marzo os grupos estiveron traballando no peche dos proxectos de auga e desenvolvemento rural así como na preparación para formular en próximas convocatorias de Cooperación Galega da Xunta de Galicia (que tras un ano sen convocatorias de proxectos internacionais de cooperación volverán convocarse nas próximas semanas) e a selección das persoas participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2014. Nas vindeiras semanas poderedes seguir ao tanto das novedades en Honduras.




ENLACES DE INTERESE

Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas



PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes recomendamos:
  • Cuaderno de viaje para acompañar experiencias de voluntariado social. Homo Prosocius

E NO PRÓXIMO MES ...




Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.



A ESF-RASE DO MES

A felicidade consiste en que o que se pensa, o que se di e o que se fai sexa o mesmo
Gandhi













No hay comentarios: